Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Sanidade

A Lei de drogas incluirá finalmente os viños de Denominación de Orixe

Malia as protestas dos viticultores, o borrador da nova lei restrinxirá a venda e a publicidade destes produtos.

Redacción - 18:45 08/04/2008

As alegacións levadas a cabo polas Denominacións de Orixe dos viños galegos foron desbotadas, e a Lei de Drogas si incluirá estes produtos, pola súa calidade de bebida alcólica. A normativa esixe que se se limite a publicidade e a venda destes produtos, especialmente por tratárense de destilados.

Dende as o sector vitivinícola, denuncian ante todo o tratamento de adegueiros e produtores como "narcotraficantes", segundo indica o secretario da D.O do Ribeiro, José Ángel Martínez. "O viño non debe estar incluído nesta lei como se fose unha droga, debería ser tratado como o que é, un alimento natural e con propiedades saudábeis".

Os produtores non se opoñen a unha regularización do viño, pero sinalan que debería facerse aparte, evitando confundir este produto coas drogas.


5/5 (3 votos)


Comentarios (4)

xoan_pirillan #1 8/Abril/2008 xoan_pirillan

País de hipócritas!!!!!!!!

Todos sabemos que o alcohol crea dependencia e polo tanto crea adicción. Pois..........onde está o problema!!!!!!!

Cando os bodegueiros e similares reciben axudas da Xunta calan pero cando lles dicen a verdade ofendense e van contra ela.

Vaia País.

Firma: Un lector que lle gusta sair de viños cos seus amigos.

Galegazo #2 8/Abril/2008 Galegazo

Totalmente dacordo #1

E mira que a min o que é o Alcol me gusta (moito) pero hai que separar unha cousa da outra.
Tamén penso que as autoridades deberían empezar a admitir que o alcol forma parte da nosa cultura

GALICIEN #3 9/Abril/2008 GALICIEN

Nótase que os adegueiros pensan no seu peto mais os trasplantes de figado por culpa do vinho e outras bebidas, cotizan à alza.

baltar69 #4 10/Abril/2008 baltar69

déuse nos últimos anos un auxe do sector vitivinícola espectacular e, a carón das consabidas subvencións que tan ben engrasan o peto e as intencións patrióticas dos inversores que máis pregoan o liberalismo, enchéronse de falar, dende ortegal ó miño, da cultura do viño da mesma forma que se falaba da cultura automobilística, da cultura culinaria ou da cultura empresarial.
coma sempre, nestes casos e noutros nos que a palabra cultura asoma do beizo gordo dos bobalicóns pretenciosos, hai un grupo de interesados que conseguen boas dádivas económicas co asunto e, logo, unha nutrida cuadrilla de aficionados e anonadados seguidores ben ruidosos que, de non ser obxetivo un de algún plan de bruxelas o sector das cepas, serían calificados automáticamente de beodos contumaces e postos a pronto recaudo pola autoridade sanitaria competente.
dado que éste é ademais, eminentemente e dende antes que existan rexistros audiovisuais, un país de larpeiros e mortos de fame ó unísono e con moi difícil distinción, foi doado organizar cursos de cata e incluso algunha titulación para santificar estes procesos de etilismo lexítimo, mostrándose abertas ao contubernio as distintas universidades, que se amosan incapaces de formar, eso sí, máis médicos para curarnos os catarros, pero que foron quen de espreguizar a facultades distintas e medio esmorecidas, dende as que recollían a vinificación das terras galegas como parte dunha erdanza histórica ou sociolóxica até aquelas que deron en formar técnicos tanto nas tarefas máis gustativas como na indispensable mercadotécnia de la cosa, para fixar nas novas xeracións de cidadáns a saludable conducta de valeirar un par de botellas diarias dalgunha das nosas denominacións de orixe.
ah, o viño...
de esta maneira, os consellos reguladores empezaron a enraizarse ( nunca mellor buscado o símil ) na sociedade até convertirense neses lobbys insolentes que hoxe forman e que poden chegar a por nun apreto a calquera honrado servidor da cidadanía que promulgue unha lei contra a drogadición ou arróxanse, sen menor rubor, a capacidade de rexistrar para sí a patente de productos e inxertos como si dunha multinacional do medicamento se tratase, caso da vella e noutrora denostada cepa mencía que, baixo os reais saberes e entenderes das cabezas máis preclaras da d.o. ribeira sacra, debe quedar a súa mención, nas botellas de tintorro, supeditada a aquelas adegas que se integran no regazo protector da mentada organización, non podendo ningén máis utilizala só pena de incurrir en delito lesivo para os intereses de esta sagrada cofradía, a cal podería considerar, en caso de que alguén ose, iniciar maniobras xudiciais para protexer os dereitos de explotación dos productos da palabriña.
cómo poden estes bárbaros, estes iletrados, esta soez caterva de empresarios da perrallenta peseta, referirise ao séu producto como " un alimento natural e con propiedades saudábeis" cando, na meirande parte dos casos, trátase da máis infecta purrela que calquera paladar pode saborear e na máis explosiva bomba que un estómago mínimamente equilibrado pode resistir sin acudir ó vómito ou ó almax? cómo poden descoñecer os efectos e desequilibrios que tódalas bebeidas alcohólicas producen na poboación e como pasar de largo polo feito que a inxesta de viño en galicia é unha das principais causas de demencias, de depresións e de dexeneracións en xeral, por non entrar xa nos problemas de fígado, páncreas ou sanguíneos e non parar na incidencia que ten nos malos tratos e no suicidio?
creen estos ascendidos que polo feito de que alguén pague trinta euros por menos dun litro de veneno, éste deixa de ser un producto nocivo para transformarse nunha ambrosía celestial da que pode mamar calquera neno ou calquera nena?
da a sensación de que se perdeu non xa a medida, se non que a cordura en xeral xa floxea. indudablemente haberá que repercutir en anteriores administracións moitas culpas, pero parece claro e palpable que é xeral o desinterés polo enveleñamento masivo ó que a poboación está sendo sometida e tódolos poderes públicos parecen cómplices de estes casos, dende os problemas derivados das vacas tolas até o dos tranxénicos. pero que sexa a propia administración a que faculte e subvencione a existencia de estes embotelladores de enfermidade e morte resulta unha total contradición co espírito que precona un país san e libre.
ah, eu son alcohólico, por certo, non abstemio.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: