Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DEBATE DE INVESTIDURA

Zapatero precisará unha segunda votación para ser presidente

O candidato socialista só conseguiu o apoio do seu partido.

Redacción - 13:52 09/04/2008

José Luís Rodríguez Zapatero non poderá renovar como presidente até, como mínimo, o vindeiro venres. Este mércores pola mañá tivo lugar a primeira votación e o socialista só conseguiu o apoio da súa formación: 168 sufraxios (faltaba un parlamentario).

O candidato tivo 158 votos en contra, os que sumaron o PP, ERC e UpyD. Pola súa parte, CiU, PNV, BNG, IU, ICV e Nafarroa Bai optaron pola abstención

É a segunda vez na historia da democracia española que un candidato á presidencia precisa dunha segunda votación. En febreiro de 1981, Leopoldo Calvo Sotelo, que substituía a Adolfo Suárez que acababa de dimitir, precisou tamén dunha segunda votación.

Rodríguez Zapatero recoñece "deficiencias" no voto exterior e fala de "estudar" reformas


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: