Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
PRESENTAN EN OURENSE O SEU NOVO DISCO

Mutenrohi son 'Sete'

A formación volve con novas cancións, mestura de folk e pop, que conforman o seu sétimo álbum.

Redacción - 12:30 10/04/2008

O sétimo disco de Mutenrohi chámase Sete. Volven con novas cancións, despois de anos de traballo intenso, de xiras que os levaron a tocar en varias ocasións nas Illas Británicas, da publicación do seu disco décimo aniversario en directo E van dez no ano 2005, e da xira conxunta con Cristina Pato nos anos 2006 e 2007, que deu lugar a un CD e DVD titulado Misturados.

Sete chega con cambios, coa progresión que o grupo xa apuntaba en traballos anteriores. Mutenrohi incide na fusión de folk e pop nun álbum no que contan con moitas colaboracións: Cristina Pato, Duncan Chisholm (Wolfstone), Guillerme Ignacio (Quempallou), Diego Fortes (Lume), Eva Carreras (participante de Operación Triunfo), MCarballo e Laura Moure (gañadora no 2006 do Festival do Landro).

Mutenrohi presenta o seu novo disco este xoves en Ourense (ás once da mañá na Libraría Torga). Despois regresarán aos escenarios, cunha nova xira polo Reino Unido (agosto), así como participarán no mítico festival de Lorient (agosto) ou no Festival Celta de Isigneic (maio).

A Lavandeira (Coa colaboración de Cristina Pato, á gaita, e Eva Carreras, na voz)

Greenlands (versión en directo do tema de Dan Ar Braz)


4.75/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: