Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
26 CONCERTOS DE GRUPOS NOVEIS

Rock Mariño: unha oportunidade para as novas bandas coruñesas

O ciclo permitirá descubrir a formacións musicais da cidade dende este xoves e até novembro.

Redacción - 13:27 10/04/2008

Rock Mariño continúa descubrindo a novas bandas musicais da Coruña, e dándolles a oportunidade de tocar en directo en cinco das salas máis importantes da cidade: Forum Celticum, o Garufa, o Jazz Vides, a Mardigrass e o Playa Club. Nesta terceira edición, que comeza este xoves e que se desenvolverá até o vindeiro mes de novembro, serán 26 os grupos que actuarán noutros tantos concertos.

Na presentación do ciclo, María Xosé Bravo, concelleira de Cultura, salientou que "o dinamismo cultural dunha cidade mídese pola oferta cultural e pola capacidade que a súa cidadanía ten para erixirse en protagonista da actividade cultural. As iniciativas que traten de facer máis visíbeis socialmente aos nosos artistas son extremadamente positivas".

Os grupos seleccionados teñen estilos moi variados, dende o rock o blues e o funky, até o folk. Os concertos, que terán lugar os xoves (e algúns venres) e que serán de balde, comezan este 10 de abril coa actuación de Black Bum no Forum Celticum. Nas vindeiras semanas pasarán polas salas coruñesas Shroud of Tears, Esquíos, Rubén Moinelo, Álvaro Muras, Capitán Morgan, Moondogs Blues Party ou Zumbido.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: