Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
O RETORTO CAMIÑO PARA A NORMALIZACIÓN

A Fiscalía de Lugo di que as vítimas de malos tratos non poden informarse en castelán

Critica a Xunta e o Consello do Poder Xudicial por non facer uso dese idioma nos folletos informativos.

Redacción - 19:20 10/04/2008
Guía contra os malos tratos á muller

Guía contra os malos tratos á muller

Ao fiscal xefe de Lugo parécelle demais que se intente normalizar as publicacións sobre malos tratos. As críticas do ministerio público non se fixeron esperar, acusando a Xunta e o Consello do Poder Xudicial de limitar o acceso á información das mulleres que non coñecen o idioma e das vítimas que se atopan fóra do seu lugar de residencia. Por iso, bota en falta a presenza de máis información en castelán.

O fiscal xefe non quixo entrar en "cuestións de política lingüística" e aduciu que "na protección das afectadas, unha das claves principais é o acceso á información". Xacinto Fernández Villalvilla recordou tamén que sen ter en conta esta polémica, os medios cos que contan as mulleres luguesas para informárense sobre este tema son "bastante variados".


1,33/5 (3 votos)


Comentarios (5)

Sabrexo #1 10/Abril/2008 Sabrexo

Vaia, actuando de oficio en defensa do idioma alleo. Non terían que ser máis ben as hipotéticas vítimas que non coñezan o galego quen o pidan?

LOIS_DE_SILAN #2 10/Abril/2008 LOIS_DE_SILAN

Quen aínda non tivera a oportunidade de aprender o galego ten dereito a obter información en castelán se o coñece e, se non o coñece, noutra lingua allea que coñeza (14 CE).

Daquela,se se tivo a oportunidade de coñecer o galego non existe ningún dereito a usar linguas alleas cos órganos ou membros da comunidade lingüística propia do territorio (3.3 CE).

Por outra banda hai que salientar o feito de que os fiscais ignoren sistematicamente na Galiza o estatus de oficial (obriga de usala cando teñan dereito ou obriga de usala os seus interlocutores) da lingua galega (542 CP).

petopitopato #3 11/Abril/2008 petopitopato

Non estaría mal se o sr fiscal tivese a mesma preocupación polos centos de folletos e informacións que so se fan en castelán discriminando así ós galegofalantes. Non me creo nada a súa actitude "igualitaria" que mais ben, semella, sendo así, moeda falsa...

seganho2 #4 11/Abril/2008 seganho2

E muito interesante o arquivo dunha demanda da Cope contra unha sentencia redactada só en galego. O razoamento do tribunal é rotundo: ninguén alegou descoñecemento do idioma. E poderían facelo.

En troques, como se sabe, ninguén pode alegar descoñecemento do idioma castelán, nesa desigualdade que fai aos cidadáns que falamos galego seren inferiores en dereitos aos demais.

Creo que debemos reaxir con máis firmeza ante todas istas incursións "heroicas" de tantos defensores de dereitos por ninguén solicitados.

Tino #5 11/Abril/2008 Tino

Seica lle doe nas ,,calnes" ás vitimas do terrorismo? Pero elas non deberian ser mais solidarias e receptivas cos oprimidos?
Pois se keren bilinguismo q o pidan en todos os ámbitos onde se fala só español.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: