E tamén se fai en dúas cidades por primeira vez: en Vigo e en Pontevedra. Comezan así a se cumprir os obxectivos da Federación Galega.
Asinando o protocolo do Mundial, en Vigo
O hóckey internacional ten dous mundiais distintos, o Mundial A e o Mundial B. Desenvólvense cada dous anos coas mellores seleccións masculinas deste deporte, e está organizada pola FIRS, a federación internacional.
No Mundial A xogan os 16 mellores equipos do mundo (entre eles o combinado estatal español, un dos mellores, que xa ten no seu haber 13 mundiais, o último gañado o ano pasado en Montreux, Suíza); e no B as 16 nacións denominadas de "nivel inferior". Son como dúas ligas, a de primeira e a de segunda división, de tal xeito que os tres primeiros equipos do grupo B teñen asegurado o ascenso ao A; e do mesmo xeito os tres peor clasificados do A baixan ao B.
Como o último Mundial A foi en 2007, o seguinte será en 2009 e tócalle a Vigo.
Vigo 2009: Campionato do Mundo de Hóckey... en galego
Os designios do hóckey mundial son rexidos pola Federación Internacional de Deportes sobre Patíns (International Roller Sports Federation), que ten como linguas oficiais o castelán e o inglés.
Mais en Vigo vai haber unha outra lingua oficial: o galego.
Segundo o protocolo asinado a finais do pasado mes de marzo pola Federación Española de Patinaxe, a Federación Galega, o Concello de Vigo e o de Pontevedra (representado polo tenente alcalde, Santiago Domínguez, e os concelleiros de Deportes de Vigo e Pontevedra, Xavier Alonso e Chano Esperón respectivamente) e a Federación Internacional, a terceira lingua oficial en Vigo 2009 vai ser o galego. Isto quere dicir que todas as comunicacións se van facer nas tres linguas.
Andaba polo medio o Concello de Pontevedra porque o Mundial de 2009 hase desenvolver nas dúas cidades.
Un Mundial que pretende espallar o hóckey por Galiza
Entre os traballos da Federación Galega de Patinaxe está o de estender as disciplinas que representan por Galiza adiante, a través da dinamización da base e da axuda a creación de clubes e espazos para practicar estes deportes.
Tamén o hóckey entra nos obxectivos da Federación, e con este Mundial quérese comezar a traballar nisto, polo que algúns dos partidos han ser en Vigo e outros en Pontevedra, dúas zonas nas que (xunto con Carballo, Ordes ou A Coruña, entre outras), existe moita afección a este deporte.
Entre os equipos tamén estará o combinado estatal, consagrado xa como o mellor do mundo na actualidade, posto que aos seus 13 campionatos seguidos únese o feito que, dende o ano 2000 a selección española venceu en todos os campionatos disputados, a excepción do Mundial de Portugal (desenvolvido en Oliveira de Azeméis, en 2003) que gañou a selección anfitrioa, que ademais é unha das máis laureadas, con 15 Mundiais no peto.
Non é o primeiro Mundial que se desenvolve no noso país
Este non é o primeiro Mundial que se desenvolve no noso país, posto que en 1972 e en 1988 a cidade da Coruña acolleu este campionato.
Mais desta volta só houbo unha candidatura galega, a viguesa, que competía con Madrid e Cáceres, dúas adversarias fortes. Mais finalmente Vigo levou o Mundial, noticia que se soubo mentres pelexaba por facer valer a súa candidatura á Universiada 2013.
a selección catalana de hockey patíns é a punta de lanza e representa a vangarda deportiva e política das aspiracións lexítimas a competir oficialmente en competición internacionais, incomprensibelmente Galiza, sendo unha potencia mundial niste deporte, quedou á marxe priorizando outras disciplinas cun marcado caracter anecdótico. Hockey sobre pés descalzos como dicían os resentidos no tema Vigo 92, agora en Vigo 2009 hockey sobre patíns enferruxados que ogallá sirva para preparar os sticks da selección galega de Hockey Patíns e Hockey en liña.
Discordo com a afirmaçom de que "A lingua galega vai ser oficial por primeira vez nun Mundial de Hóckey Patíns"
O galego-português já foi oficial noutros mundiais, por exemplo no mundial de Portugal (desenvolvido em Oliveira de Azeméis, em 2003.
E é que sempre estamos com a mesma visom paupérrima e isolacionista. Semelha que os galegos queremos matarmo-nos culturalmente.
Lembremos mais uma vez que o nosso sistema linguístico, o nosso idioma permite que nos comuniquemos com mais de 215 milhons de falantes nativos, sendo a quinta língua mais falada no mundo e a terceira mais falada no mundo ocidental.
P-S.: é de interesse o que aconteceu o outro dia (http://www.agal-gz.org/)
Vídeo da intervençom Alexandre Banhos na Assembleia da República Portuguesa, na segunda-feira 07/04/2008, no âmbito da Conferência Internacional Parlamentar sobre o Acordo ortográfico da Língua Portuguesa
Estou alucinando de veras.....a ver..faise un artigo no que ademais de informar do mundial de Vigo tamén se fai un breve repaso á situación do xoquei en Galicia e non se fai nin a máis mínima referencia ao Liceo HC, o clube galego co mellor palmarés da historia(collamos o deporte que collamos, sexa este masculino ou feminio) e o segundo equipo mundial con máis campionatos logrados (só por detrás do Barça) con 4 ligas, 11 copas do rei, 4 copas intercontinentais, 4 copas de europa, 2 copas cers, 5 supercopas de europa, 2 recopas....en fin!!!! acúsase moito acoruña de ser localista, pero os localismos vígués ou compostelano, por moito que se intenten disfrazar de galeguistas son iguais ou mesmo peores...