Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CSI-CSIF RECORREU O ACORDO

O Goberno e tres sindicatos pactan consolidar máis de 2.400 prazas de emprego público

A oferta pública de emprego incluirá máis de 1.700 prazas laborais e 680 de funcionarios.

Redacción / EP - 10:15 11/04/2008

A Dirección Xeral de Función Pública e os sindicatos CIG, UXT e CCOO acordaron o xoves poñer en marcha un plan de consolidación de emprego na Administración pública. En dous anos poderanse ofertar, cando menos, 1.754 prazas de persoal laboral e 682 de funcionarios.

O comunicado da Consellaría de Presidencia eleva o número de prazas a case 3.000, que se van incluír na Oferta Pública de Emprego, pactada coas tres forzas sindicais, e que ten como obxectivo reducir a temporalidade e favorecer a promoción interna tanto do persoal funcionario como do laboral.

O sindicato CSI-CSIF decidiu non asinar o acordo, que xa denunciara perante os tribunais. O xuízo, que xa tivo lugar a comezos de mes, está pendente de sentenza, o que podería alterar substancialmente o texto.


2/5 (4 votos)


Comentarios (2)

Xabi1 #1 11/Abril/2008 Xabi1
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Qué razón hai para que esta noticia sexa tan curta e conteña tan pouco detalle?.
Noutros xornais falan de que hai centos de persoas que entraron na administración pública como contratados por diferentes vías, ou sexa, non polo rego das oposicións. Toda persona ten dereito a opositar pero non a que unha administración progresista abra unha vía anormal, tal é facer fixos mediante unha proba amañada a xentes que non cumriron cos requisitos de entrada na administración pública.
Esta manobra é un escándalo.

crunha #2 12/Abril/2008 crunha
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#1 Pois si, non falan de todos os que entraron na administración da man do PP (amigos, empresas privadas amigas, etc) e que agora, vanlles dar un posto de funcionario.
Nestes casos os sindicatos compórtanse da seguinte maneira: eu defendo aos meus afiliados aínda que a causa non sexa xusta. Pero os demáis non temos que ir polo seu rego.
Outra incoerencia: primeiro os contratan sen oposición, de empresas privadas por que din que funcionan mellor, pagándo en moitos casos cursos de formación con cartos públicos a estas empresas privadas... e despois van e os fan funcionarios...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: