Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Este sábado, en Compostela

O socialismo do século XXI, a debate nas Xornadas Independentistas

Primeira Linha organiza a décimo segunda edición destes encontros que anualmente o partido celebra dende 1997.

Redacción - 14:05 11/04/2008

A formación política Primeira Linha organiza este sábado a partir das 11.00 horas as XII Xornadas Independentistas Galegas, o encontro de debate que dende 1997 o partido organiza anualmente, e que nesta ocasión centrarán a súa análise na situación do socialismo no século XXI.

A xuntanza terá lugar no Hotel Araguaney de Compostela e contará coa presenza de, entre outros, o veterano militante e teórico dominicano Narciso Isa Conde; a militante comunista cubana Elena Martínez Canals, promotora da revista Cuba Siglo XXI; o marxista arxentino Néstor Kohan e o independentista e comunista vasco Iñaki Gil de San Vicente.


Vídeo proxectado nas xornadas do ano pasado


4.1/5 (10 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: