Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
COORDINADORA DE ONGD

O informe de Desenvolvemento Humano da ONU xa está na nosa lingua

Presentouse na Coruña a tradución do documento 'A loita contra o Cambio Climático: a solidariedade nun mundo dividido'.

Redacción - 11:35 12/04/2008

A Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento presentou este venres na Coruña a primeira tradución que se fai á nosa lingua do resumo do Informe de Desenvolvemento Humano do Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD).

O documento deuse a coñecer na sede da Fundación Caixa Galicia da cidade herculina e contou co patrocinio da Obra Social da caixa e mais da Dirección Xeral de Cooperación Exterior. Para a Coordinadora, a edición en galego do informe A loita contra o Cambio Climático: a solidariedade nun mundo dividido é un feito moi relevante, pois por primeira vez temos na nosa lingua un informe de referencia no ámbito internacional, que xa existía en anos anteriores en catalán e en éuscaro.

O presidente da Coordinadora, Xosé María Torres, explicou que a idea de facer a tradución xurdiu hai un ano. A oficina do PNUD en Nova York amosouse a favor de apoiar o proceso dende o primeiro momento en que a contactaron, e despois, o director da Obra Social de Caixa Galicia, Manuel Aguilar, patrocinou a publicación, de medio milleiro de exemplares.

A presentación tívose que adiar até este mes de abril pola imposibilidade de asistir antes ao acto o representante da Oficina do PNUD, Pedro Manuel Moreno. A data prevista nun principio, o 18 de decembro, coincidira cun atentado en Alxer contra persoal das Nacións Unidas, segundo explicou Torres.

O informe pódese ler en PDF na web da Coordinadora.


Ligazóns

4.25/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: