Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
LOGO DA VI ASEMBLEA

Esquerda Nacionalista aproba a súa nova Executiva

A formación integrada no BNG deu a coñecer o nome das once persoas que conforman o máximo órgano de dirección.

Redacción - 14:05 12/04/2008

A Mesa Nacional de Esquerda Nacionalista reuniuse este venres en Compostela para designar a nova Executiva da formación. O órgano saído da VI Asemblea celebrada o 30 de marzo aprobou o reparto de funcións directivas.

Ademais de Alberte Xullo Rodríguez Feixóo (Presidente) e Xosé Chorén Vázquez (Secretario Nacional), que xa foran nomeados directamente na Asemblea Nacional, entran no máximo órgano de dirección os seguintes militantes: Xoán Manoel Rama Trillo (Coordinador Executivo); Francisco Xavier Freire Chico (Secretario de Organización); Vítor Manuel Martíns Cacharrón (Secretario de Iniciativas Políticas); Pilar Cóo López (Secretaria da Muller); Natalia Costa Alonso (Secretaria de Acción Social); Manuel María Lourido Aguiar (Secretario de Finanzas); Pedro Gómez-Valadés (Secretario de Comunicación); Xoaquín Acosta Beiras (Secretario de Relacións Institucionais); e Adrián Rodríguez Bravo (Secretario de Mocidade).


1.53/5 (17 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: