O conselleiro afirmou que hai un acordo para resolver a situación dos interinos e dos traballadores aos que os tribunais lles recoñece relación coa Xunta.
Méndez Romeu, conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
O bipartito quere sacar este ano a maior convocatoria de traballo público da lexislatura. Isto é o que se desprende das declaracións que fixo este domingo na Coruña o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Xosé Luís Méndez Romeu. Segundo o conselleiro, o seu departamento chegou este sábado a un acordo cos sindicatos para que en 2008 haxa unha oferta pública de emprego “moi importante” tanto para opositores libres como para aquelas persoas que traballan para a administrón e teñen expectativas de promoción interna.
Méndez Romeu afirmou que o acordo cos sindicatos (CIG, CC.OO e UXT) estabelece mecanismos para “resolver o problema de varios colectivos”. O conselleiro referíase con estas palabras ás sentenzas xudiciais que recoñecen relacións laborais de traballadores coa Xunta. Para isto, Romeu sinalou que haberá “un procedemento de acceso ao emprego público e, posteriormente, un concurso de traslados”. Mais o conselleiro tamén aludiu ao “acceso á estabilidade dalgúns colectivos de funcionarios interinos que por diferentes razóns levaban un longo tempo exercendo funcións de xeito precario”.
A interinidade é unha situación temporal, non se pode ter ós interinos aí polo morro e logo facerlles un proceso de consolidación de emprego. Por que non se presentan a un exame en igualdade de condicións cos opositores libres se traballan tan ben e son tan competentes?, porque saben que non o pasan nin de coña. A situación no ensino é aínda máis sangrante, os interinos entregan o exame en branco e seguen traballando. Vergonza de país e vergonza de políticos, aquí todo segue igual.
É unha autentica vergonza. Van a entrar pola porta de atrás. Se queren ser funcionarios que estuden coma tantos miles de eles para conseguir a plaza e senon a ser interinos e cubrir as prazas cando toque.
O problema dos laborais ven da época Fraga e agrabaouse ca Lei que aprobou o Misistro Caldera, que manda collons!! cá que fixo.
Menos "consolidación" e máis estudo, que o queira entrar que sexa por merecelo nos estudios e non por levar anos en un posto de.........ninguen...........
Eu estou totalmente de acordo convosco. Estou estudando para as malditas oposicións, e á procura de traballo en calquera outra parte porque dá noxo que eu estea a me tragar 50000 temas de lingua mentres a xente rasca a cona coma cochos. Habería que poñer un só exame para todos. Non o fixeche? Entregáchelo en branco? Á puta rúa cunha patada no cú. Carallo, xa!