Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
DOCUMENTA'08

O documental galego desembarca en Madrid

Foron seleccionadas tres longas documentais e dúas curtametraxes.

Redacción - 13:56 14/04/2008

O documental Fronteiras do vigués Rubén Pardiñas foi incluído na sección competitiva Certamen Nacional do Documenta Madrid´08 (Festival Internacional de Documentales de Madrid), que celebrará a súa V edición do 4 ao 11 de maio. A competición de longametraxes inclúe ademais Barreiros, Motor Humano de Marco Besas, e Profesor Tejero, do vigués Lois Patiño. Na categoría de curtametraxes foron seleccionadas O Desencontro do coruñés Miguel Abad e Pó de Estrelas do ourensán Alberte Pagán.

Dentro das actividades do festival poderáse ver tamén o documental Periféricos, de Tamara Blanco Insua, Xosé A. F. Holgado e Carlos Mendez. Todos estos títulos representarán o bó nivel que está a vivir o documental galego.


4.8/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: