Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
A través da web Carpool.pt

Os portugueses ofrecen 'boleia' para compartir coche, dividir gastos e coidar o medio

A iniciativa, aínda que non é pioneira, comezou a funcionar con forza dende hai un mes, co apoio de varias cámaras municipais.

Redacción - 10:25 20/04/2008
Logo da páxina de compartir do Concello de Vigo

Logo da páxina de compartir do Concello de Vigo

Puxéronlle un nome inglés, á portuguesa, e con 800 euros de apoio outorgados por varias cámaras municipais (a de Lisboa, a de Loures, a do Barreiro e a de Odivelas), a web Carpool.pt comeza a funcionar con forza.

Non é unha iniciativa pioneira en Portugal (xa hai tempo que existe a web Deboleia.com), pero si está a ter un éxito destacado, alén de polos apoios dos municipios, polo número de usurios rexistrados (á volta de 80) dende o pasado mes de marzo, no que comezou a funcionar.

Compartir para gastar e contaminar menos
O concepto, que existe en toda Europa hai décadas (tamén no Estado Español coas webs Compartir.org ou Viajamosjuntos.com) permite compartir o automóbil nos nas viaxes diarios entre casa e traballo, dividindo gastos e diminuíndo o impacto ambiental.

Con esta nova web ofrécese un outro espazo que permite encontrar facilmente a persoas que fagan o mesmo traxecto e que se poidan xuntar nun único coche. O primeiro paso é facer un rexistro de balde en Carpool.pt e, de seguida, indicar no mapa (construído coas imaxes de Google Maps) o punto de partida e o de chegada, ben como os días e os horarios das viaxes. Despois só queda agardar a que xurdan persoas que fagan o mesmo traxecto e que estean interesadas en "compartir a boleia".

O servizo tamén lle permite a cada usuario definir o seu perfil persoal, para que sexa máis simple atopar os compañeiros de viaxe ideais: pódese indicar a idade, se se fuma ou non, e o tipo de automóbil que se posúe (de posuír algún porque tamén se pode apuntar quen non teña coche nin carné, para atopar unha alternativa aos transportes públicos que teña un horario máis propio).


5/5 (2 votos)


Comentarios (2)

OBSERVADOR #1 20/Abril/2008 OBSERVADOR

Pois venha a boleia portuguesa!!

dumiense #2 21/Abril/2008 dumiense

Importante! Artigo no Pais que afirma que en Galicia non se pode escolarizar a un alumno en castelán. Indignante, necesitamos encher de comentarios esta nova, non podemos permitir máis mentiras!!!

Aquí o link:
http://www.elpais.com/articulo...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: