Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O vindeiro 29 de abril

Os profesores avisan: se non se negocian os horarios vai haber folga

O sindicato CIG-Ensino pide que Relixión se imparta fóra das horas lectivas e que Historia, Filosofía e Educación Física manteñan o número de clases que agora teñen.

Redacción - 19:26 15/04/2008
Mobilización dos afectados polo novo decreto de Bacharelato

Mobilización dos afectados polo novo decreto de Bacharelato

CIG-Ensino emitiu hoxe un comunicado dirixido á Consellaría de Educación na que avisan de que, se non se reabren as negociacións sobre o currículo de Bacharelato, os profesores van ir á folga o día 29 de abril. Ademais, o sindicato convocou concentracións o 23 deste mes ante a sede da Consellaría de Educación, e ante o Consello Escolar, o día que se celebre o pleno (probabelmente o 28 de abril).

Estas medidas van ser debatidas en dez asembleas en toda Galiza esta quinta feira 17 de abril, e nelas vaise traballar por que se devolva á mesa sectorial a negociación do anteproxecto do Decreto de Bacharelato, que ten como puntos máis conflitivos, a redución das horas lectivas de Historia e Educación Física, así como de Filosofía, á que ademais se lle engade máis carga lectiva, incluíndo no temario Cidadanía.

Para que a Relixión non se imparta en horas lectivas
O voceiro nacional de CIG-Ensino, Anxo Louzao, denunciou que fronte a esta redución dalgunhas materias hai outras, coma Relixión, que permanecen no currículo con dúas horas lectivas, e esixiu que esta última materia se imparta "fóra do horario escolar". Louzao tamén lembrou que a CIG ten presentado un total de 71 emendas ao decreto entre as que se encontran, ademais das xa mencionadas, que todos os centros oferten obrigatoriamente dúas modalidades de Bacharelato, de tal xeito que os que só oferten os antigos bacharelatos de Ciencias e Tecnoloxía amplíen as aulas ao de Humanidades ou Artes.

O sindicato demanda tamén que, alén das materias que se imparten, por norma, en galego, segundo o anteproxecto, tamén se dean na nosa lingua as optativas e unha materia máis das propias de cada modalidade.

O BNG tamén avisa: a redución de áreas ha dificultar o obtención dun "currículo equilibrado"

Os nacionalistas tamén anunciaron que, ao ver do seu grupo, a redución de áreas prevista no proxecto do novo decreto de Bacharelato, que prepara Educación, podería supor una "dificultade" no obxectivo de acadar un currículo educativo "equilibrado".

Así o expresou o voceiro do BNG no Parlamento, Manuel Parga, que avogou por manter "unha sensibilidade aberta ao diálogo en todo momento" para chegar a un resultado "favorábel á formación do alumnado". Neste sentido, animou á Consellaría a negociar este texto para que se adapte "á realidade galega". Parga tamén pediu un pouco máis de marxe para que o Goberno poida mudar os currículos, sen "o corsé" que supón a LOE española.


4,78/5 (9 votos)


Comentarios (4)

colaza #1 15/Abril/2008 colaza

O seguinte paso da consellería pode ser poñer a relixión dentro das probas de selectividade (PAU).

Gaviotero #2 16/Abril/2008 Gaviotero

Estos del CIG no se movilizan frente al totalitarismo, pero como les quiten una hora de deporte...¡hay que ver la que montan!

Ya les untarán desde San Caetano para que se pongan a mirar hacia otro lado, como siempre...

Sabrexo #3 16/Abril/2008 Sabrexo

Ignacio, aí te pasaches. O teu xefe Feixoo dixo que tamén estaba en desacordo con quitar unha hora de deporte. Que se non despois os nenos acaban sendo gordiños, como o típico militante do PP.

Chardella #4 17/Abril/2008 Chardella

A educación é extremadamente importante. O PSOE cagouna todos estes anos coas súas sucesivas reformas. É hora de que os seus socios de goberno poñan algo de sentidiño nesta ridícula desfeita. Se temos unha ideoloxía de esquerdas debemos mirar porque a maioría dos cidadáns, isto é, os fillos dos traballadores teñan a oportunidade de formarse nas mellores condicións. Os outros poden permitirse comprar os títulos matriculándose en colexios privados. Fagamos un ensino público esixente, inculquemos neses futuros cidadáns que as cousas se conseguen con esforzo. Se non logran ir á universidade non pasa nada. Nos países anglosaxóns iso non é un fracaso porque a cualificación técnica está sobradamente recoñecida socialmente. Aínda que por suposto debemos aspirar a que de calquera barrio ou aldea os cativos teñan a oportunidade de chegar á Universidade e ter a mellor formación posíbel. E que fiquen en Galicia, claro que hai moito traballo por facer.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: