Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Conexión Galiza-Portugal

O proxecto de alta velocidade entre Vigo e Porto, sumido na "penumbra"

Aínda que este martes o comisario europeo do Transporte confirmou que a conexión estará lista en 2013, o presidente do Eixo Atlántico ten "dúbidas".

Redacción - 12:30 16/04/2008
En principio, o TAV unirá Vigo e Porto en 2013

En principio, o TAV unirá Vigo e Porto en 2013

"Todo o proxecto de alta velocidade está algo encallado e nunha grande penumbra. Non se coñece a súa solidez e, xa que logo, tampouco a consistencia dos prazos que se prometeron".

O presidente do Eixo Atlántico, Luís Filipe Menezes, facía estas declaracións a semana pasada en Vigo durante a sinatura do convenio polo cal a Xunta destinará 400 mil euros á nova sede do organismo na cidade.

A previsión actual é que o Tren de Alta Velocidade (TAV) una Vigo e Porto en 2013, aínda que inicialmente, cando en 2003 se decidiu a súa construción, a data fixada fora a de 2009. Dous anos despois do acordo, os gobernos español e portugués decidiron que non era prioritario e adiárono.

Este martes, o comisario europeo dos Transportes, Jacques Barrot, confirmou que o trazado da liña coñecerase o ano que vén e que o tren debería estar en funcionamento en 2013. Respondía así a unha interpelación do eurodeputado portugués José Ribeiro e Castro na Comisión Europea sobre este asunto.

Investivento e produtividade
Porén, Menezes amosaba as súas reservas días antes. "Hai que dubidar dos prazos", afirmaba en declaracións á axencia Lusa. Ademais, cuestionaba todo o proxecto de alta velocidade do Estado portugués, concretamente a necesidade de construír un tren de "altísima velocidade" entre o Porto e Lisboa.

"Merecería un amplo debate, porque estamos a falar de investimentos que superan os 5.000 millóns de euros e que son moi cuestionábeis dende o punto de vista da produtividade económica", afirmou.


2,33/5 (3 votos)

Comentarios (9)

Tino #1 16/Abril/2008 Tino

Mais outro furo dos Psocialistos tanto dumha beira como da outra.
No tempo das elecçons era prioritario, pasou um tempo e já esta esquecido: bravo!

piorno #2 16/Abril/2008 piorno

Segundo Vieiros, o presidente do Eixo Atlântico afirmou:

«Todo o proxecto de alta velocidade está algo encallado e nunha grande penumbra. Non se coñece a súa solidez e, xa que logo, tampouco a consistencia dos prazos que se prometeron»


E nom é certo que Luís Filipe Menezes tenha dito essas palavras. As suas declarações exactas fôrom:

«Todo o projecto de alta velocidade está um bocadinho encalhado e numa grande penumbra. (...) Não se sabe a solidez desses projectos e, portanto, também não se sabe a consistência dos prazos que estão a ser prometidos»

http://www.tvnet.pt/noticias/d...


Nom é preciso inventar nem «traduzir» o galego

«nom se sabe» por «non se coñece»,
«portanto» por «xa que logo»,
«prazos que estám a ser prometidos» por «prazos que se prometeron»,
etc.

As leitoras e leitores nom somos parvos e entendemos bem as declarações originais sem necessidade de «traduçom».

GalizaEmGalego #3 16/Abril/2008 GalizaEmGalego

se primeiro vertebraran o transporte na Galiza melhor iria..

mceleiro #4 16/Abril/2008 mceleiro

Pois igual rendia masi priorizar esta conexão (mais barata e com tempos de execução menores) que a conexão com Madrid. Ou que a de Madrid com Lisboa...

Gaviotero #5 16/Abril/2008 Gaviotero

Pronto saldrá el incompetente Touriño a anunciar nuevamente (y ya van 3 ó 4 veces...) la inmediatez de una conexión que NO SE VA A LLEVAR A CABO. Y Touriño lo sabe perfectamente...

GalizaEmGalego #6 16/Abril/2008 GalizaEmGalego

si...muita conexion a madride,barcelona,porto..pero por agora de pontevedra a lugo nom ha comboio direito...enfin

mceleiro #7 17/Abril/2008 mceleiro

É o que se passa quando não se têm nem p. ideia de país (considere-se Galiza ou Reino de EjpaÑa). Muito AVE, muita autoestrada radiocéntrica de Compostela, mas nem contamos com uma rede de caminhos-de-ferro para deslocamentos metropolitanos, nem sequera se lhes passa pelas privilegiadas cacholinhas traçar linhas novas. No 2020 igual teremos as locomotoras que fiquem desfasadas em Espanha no 2010....

Há que admitir que um equivalente aos FGC (Ferrocarrils de la Generalitat de Catalunya) é uma utopia. Em Galeuscat vá-se de vinhos com amigos, não se aprende nada.

Alguém pensou alguma vez na linha Lugo-Compostela como alternativa barata (economicamente e ecologicamente) a uma autoestrada mal projectada? Reviver e modernizar o FEVE costeiro?

Bom, ao presidente do monopólio Grupo Monbús pode que sim, se nom lembro mal fora o primeiro em se reunir com Tourinho quando este tomou possesão do cargo.

pelacho #8 17/Abril/2008 pelacho

desconfío das autoridades lusas
e do seu centtralismo patente

casacu #9 18/Abril/2008 casacu

non ao ave!!!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: