Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
DO 21 AO 25 DE ABRIL

O realizador portugués Luis Filipe Rocha visita Galiza

O director estreou o pasado ano A outra margem, pola que foi distinguido co Prémio Arco-Iris da comunidade gay e lésbica do país.

Redacción - 09:00 21/04/2008
Luís Filipe Rocha

Luís Filipe Rocha

Luís Filipe Rocha estará en Galiza convidado polo Instituto Camões e ofrecerá sete palestras en diversos centros académicos e escolas de idiomas e de ensino audiovisual, onde proxectará tamén algúns dos seus filmes. A súa produción cinematográfica insírese na liña do Novo Cinema, que explora as técnicas do cinema directo. Dirixiu dez filmes, o último deles A outra margem (2006), a historia dun transformista que intenta matarse despois de coñecer o suicidio do seu compañeiro.

Este filme valeulle o recoñecemento da comunidade gay-lésbica de Portugal, que a través da Associação ILGA concedeulle o Prémio Arco-Iris no 2007.

O calendario de presentacións é o seguinte:
21 de abril, ás 19h00, na EOI de Pontevedra
22 de abril, ás 18h30, na EOI de Ourense
23 de abril, ás 11h00, na Escola Superior de Artes Cinematográficas da Galiza e ás 19h00 na EOI de Vigo
24 de abril, ás 11h00, na Escola de Imaxe e Son da Coruña e ás 18h00 na Fundación Caixa Galicia de Lugo
25 de abril, ás 11h00, Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela.


5/5 (3 votos)


Comentarios (1)

piorno #1 22/Abril/2008 piorno

Ao que parece, o ILGA está em toda a parte.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: