Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Ameazan con levar a xuízo o MpDC

A Garda Civil considera que a publicidade do caso GZ pode "lesionar a dignidade do corpo"

A saída á luz dos documentos que recomendaban aos axentes tomar datos dos coches co adhesivo GZ podería chegar aos tribunais.

Redacción - 10:30 18/04/2008

O Movemento polos Dereitos Civís comunicou este xoves a súa tranquilidade sobre a denuncia realizada no seu momento ao respecto das recomendacións que presuntamente se lle terían trasladado aos axentes da Garda Civil nalgúns cursos de formación interna. O colectivo asegura que achegará a documentación correspondente se un xuíz llela require.

De paso, critican a posición adoptada pola Dirección Xeneral da Policía e a Garda Civil, que estudan coa fiscalía "a posíbel existencia dun delito contra as institucións do Estado". Segundo as interpretacións da dirección xeral, a revelación destes datos son "feitos inxuriosos e falsidades tendentes a lesionar a dignidade dun corpo das Forzas de Seguridade do Estado". Pola contra, tal e como lembran desde o MpDC, desde a Unión de Gardas Civís, admitirían a posíbel existencia desas consignas aos axentes, pero atribúenlla no seu caso a "mandos que nunca estarían destinados en Galiza e que por iso descoñecen a realidade galega".


4,77/5 (22 votos)


Comentarios (13)

Sabrexo #1 18/Abril/2008 Sabrexo

Mais da que a lesionou o tricornio...

roixordo #2 18/Abril/2008 roixordo

agora que os maltratadores denuncien ás maltratadas porque lles doe a man logo de zouparlles; o que hai que oir...

ecoe #3 18/Abril/2008 ecoe

O asunto é botarlle terra por riba e seguir a mantermonos caladsos sobre as prácticas de este e outros corpos do €$tado €$pañol a cada máis filofascista.!

Xistral #4 18/Abril/2008 Xistral

Lesionarían a dignidade do corpo se a tivera. E ollo: estou dicindo a dignidade do corpo non das persoas que o integran, das que efectivamente moitas delas sí son dignas. Pero a cuestión é o que significa a GC e como actúa, moi a pesar dalgúns dos seus integrantes. Aínda que hai outros que fan cousas que precisamente poderían non facer porque non están alí os seus superiores.
Non esquezamos tampouco, que a GC é o corpo que por definición usa o Estado Español para o control territorial e das persoas. É unha especie de Gestapo do Estado Español.

simplementeego #5 18/Abril/2008 simplementeego

e os seus integrantes non son a caso uns mortos de fame que se venderon por un plato de lentellas?? Non podían, moitos deles traballar como o fai o resto das persoas desta terra, eso é indigno para eles... buscar o pan co sudor da túa fronte, onde se oíu!!!

spider #6 18/Abril/2008 spider

Pois nada, que vaian a xuizo... aí sairía todo fora.

Roquinho #7 18/Abril/2008 Roquinho

A dignidade dun corpo danna os seus membros, e certamente teñome atopado con moito impresentable que por verse con poder para facer determinadas cousas comportase como un autentico chulo, non digo que non haxa gardas civiles, civilizados, cada vez mais por sorte, pro aínda se cola moito individuo que non ten capacidade psiquica e menos moral para estar nun corpo que debería servir a cidadania e non intentar atemorizala.

BonKarallan #8 18/Abril/2008 BonKarallan

Mellor lesionar a dignidade do corpo da Garda Civil a que a Garda Civil lesione o noso corpo, como adoitaba ter por costume.

GALICIEN #9 18/Abril/2008 GALICIEN

http://www.anosacosta.es/ agora UPD está neste xornal co grande escritor RAFAEL LEMA, visitadeaa e dado un comentario sobre este personaxe.

GALICIEN #10 18/Abril/2008 GALICIEN

Por certo non é o certo o que dixen, fieime dun comentario , escrito neste xornal pro PP e O LEMA aparentemente non é da UPD.

GALICIEN #11 18/Abril/2008 GALICIEN

mirando en google foi unha brincadeira do 28 de decembro

teixugo #12 19/Abril/2008 teixugo

Guardia Civil, não tem ciNismo nenhum.
Pegatina GZ, fala galego e... pague-se uma boa multa.

lostrego #13 19/Abril/2008 lostrego

A Garda Civil esta inzada de galegos espallados por cuarteis de todo o estado, a Garda Civil non é nen menos nen máis que unha institución que reflicte a sociedade na que vive. Eu polo de pronto porei unha pegatina de Tejero co tricorno no coche e sacarei varias cassettes de manolo escobar e arévalo polo que poida pasar...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: