Fran Rei denuncia que a distribuidora de Dragon Ball non inclúe a versión na nosa lingua polo custo que lle impuxo a TVG.
A Mocidade pola Normalización Lingüística queixouse de que o DVD da serie Dragon Ball non vai estar dobrado á nosa lingua. A razón pola que a súa distribuidora, Selecta Visión, non incluíu o galego entre as opcións de idioma é porque considera "inasumíbel" o custo que a TVG lle impuxo para a cesión da dobraxe.
Así o afirmou o presidente da Mocidade, Fran Rei, en declaracións a Europa Press, quen ademais lamentou que a produción se poida escoitar en euskera ou en catalán, mais "Songoku no poderá falar galego". Rei lembrou que a televisión galega "ten o compromiso" de ceder as súas dobraxes para as versións en DVD e culpou a Secretaría Xeral de Política Lingüística de "deixar que o galego sexa discriminado".
O responsábel da asociación pediu explicacións sobre por que Dragon Ball non vai estar na nosa lingua e exixiu o "cumprimento" do acordo da TVG para a cesión das súas dobraxes e, dese xeito, "cumprir un dos seus labores: ser axente activo na normalización e extensión social da lingua".
Velaquí o primeira parte do primeiro episodio da serie, cando Songoku coñece a Bulma:
Ring ring: Hola buénos dias, le somos de la consejeria de normalización lingüística de la chunta de galicia.
-¿Y q kerían, saber si vamos editar Songoku en gallego? Pues no, ya saben q si lo kieren tienen q traducirlo ustedes y seguir el resto del protocolo.
-Y luego no pueden hacer un esfuercito y traducirlo ustedes mismos?
Secretaría Xeral de Gaitas que diría Fraga(saurius). Se isto é verdade e estamos a falar de que e a propia Secretaría que ten que axudar a promocionar o galega a que está axudando a illalo máis, dende aquí pido a inmediata dimisión da Secretaria a todo o seu gabinete, que no que vai de lexislatura ten abondo demostrado o seu interese polo galego... CERO
Normal!
É o compromiso com as novas tecnologias. Bom, isso, dar-lhe a Microsoft uma burrada de dinheiro para umas livrarias do Windows Vista, e Office em galego "daquelamaneira" (nem segue a própria normativa RAG-ILG) e cheias de erros e incompatibilidades informáticas. Em Extremadura apostaram pelo LinEX, mas são "raros". Linux e OpenOffice na administração (software legal, pagando licenças)? Não!!!
Literalmente as suas palavras o 8 de Abril na apresentação das "Novas Ferramentas TIC en galego": «Esta opción lingüística (galego) nas ferramentas laborais e de lecer personal é cada vez máis reclamada entre os cidadáns e máis necesaria nos equipos de traballo. A inclusión de correctores e a implementación doutras aplicacións de grande utilidade, como son os tradutores automáticos, os dicionarios ou os sintetizadores de voz, fan posible que vivir en galego en calquera ámbito sexa cada dia unha posibilidade máis real, ....». Tradutores automáticos e sintetizadores de voz. Esclarecedor.
A ver se a Tourinho lhe implantam um sintetizador de voz, assim igual fala algo melhor....
Que razón ten mceleiro e subela! E que pensan disto os patrotas de Galitzia bilingüe?