Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CUMIO EN COMPOSTELA

Galiza e Asturias avalían a marcha da súa cooperación

Touriño e Areces comprometéronse a defender os criterios de dispersión e avellentamento no financiamento autonómico.

Redacción - 13:21 19/04/2008

Ao termo do noveno cumio Galiza-Asturias, que se desenvolveu o venres e o sábado en Santiago, os presidentes dos dous gobernos manifestaron que comparten criterios sobre o sistema de financiamento autonómico e que defenderán que se teñan en conta as características específicas que comparten, como o avellentamento da poboación e a súa dispersión.

Neste senso, Emilio Pérez Touriño e Vicente Álvarez Areces aseguraron que poderían sumar a súa proposta a outras comunidades con características semellantes, como Castela e León e Estremadura. Os dous mandatarios insistiron en que as balanzas fiscais non deben servir como criterio "nin sequera orientador" par ao novo modelo de financiamento autonómico, e avogaron por darlle máis importancia ao Fondo de Compensación Interterritorial.

O cumio insiste na cooperación entre os pobos veciños que comezou en 1988, coa primeira xuntanza. Touriño e Areces valoraron o feito de ter acadado a declaración como Reserva da Biosfera do río Eo, Oscos e Terras de Burón por parte da UNESCO, e anunciaron medidas para impulsala, como a creación dun Consorcio que a xestione e un Plan de Desenvolvemento Sustentábel para ese territorio.

Os dous presidentes tamén se comprometeron a impulsar a colaboración entre os dous territorios en materias como as infraestruturas. Emilio Pérez Touriño e Vicente Álvarez Areces destacaron a marcha das obras da Autovía do Cantábrico, que anunciaron como rematada para 2010 e, un ano antes, o "Y" da Fonsagrada para mellorar a comunicación do interior das dúas comunidades.


0/5 (0 votos)

Comentarios (19)

ranciadas #1 19/Abril/2008 ranciadas

E da cuestión lingüística e cultural nin mu, o galego de Asturias desaparecendo baixo a colonización asturiana do señor Areces e dos rexionalistas e Torito falando de parvadas que como el di resolve en cinco segundos. Que noxo de presidente! E de paso enchamos de parques eólicos a Reserva da Biosfera. Diso tampouco falarían.
Aos de Vieiros: EN GALEGO é OZCOS, meus nenos.

Sabrexo #2 19/Abril/2008 Sabrexo

Touriño non aproveitou para denunciar a discriminación lingüística que sofre o galego nesa comunidade autónoma, que é aínda maior da que sofre en Galiza?

mineru #3 19/Abril/2008 mineru

La politica linguistica de cada pais,es competencia exclusivamente de cada pais!!!!!independientemente de que se hable chino o papua

Sabrexo #4 19/Abril/2008 Sabrexo

Pois por iso o digo, eses territorios forman parte da nación galega, e a Xunta debe facer algo contra o xenocidio cultural que se está a dar alí (tanto contra o galego como contra o bable). Mineru, ti non baixaches á mina na vida.

Fungueiro #5 19/Abril/2008 Fungueiro

Xa se ve por onde se pasan estes personaxes cuestións lingúísticas..........en fin........pouco hai que dicir

luimipi #6 19/Abril/2008 luimipi

Sabrexo...iso de que forman parte da nación galega....que o digan eles!.
Se so falabas culturalmente, estou dacordo, pero políticamente, non sei ata que punto eles se recoñecen como Galegos q falan galego n Asturias, ou coma Asturianos q falan galego....entendes?. Ese matiz é básico pra determinar se eses territorios forman parte ou non da nación galega.

O do xenocidio cultural, si que a Xunta debe mostrar apoio, pero dende a realidade de que non é competencia da xunta, eles poden negociar e intentar axudar, pero a decisión é de Asturias, (ou C-León no caso do Bierzo...etc)
Xa me gostaría que dende o Principado estiveran máis abertos a mante-la cultura desa zona...

O problema é que o toman coma unha colonización nosa...e iso non é así, o idioma non marca exclusivamente pertenza a nación, senon EEUU e G.B serían a mesma, e Brasil e Portugal, Arxentina...etc e España...

Sabrexo #7 19/Abril/2008 Sabrexo

Falo culturalmente, luimpi. Por suposto que administrativamente deben decidilo eles. Iso ía recollido na proposta de Estatuto de Nación que levaba o BNG. Non lembrades a que armaron os gobernos de Asturias e Castela-León? Até que se descubriu que eles, nos seus estatutos ACTUAIS, teñen a cláusula de que poden englobar na comunidade autónoma aos concellos limítrofes que o desexen. Cando se sacou na prensa ficaron caladiños...

ranciadas #8 19/Abril/2008 ranciadas

Moito ben dito sabrexo. Tamén é competerncia de Galiza e que senón os listiños (mineiro, luimpi) podedes ler a Lei de Normalización Lingüística de Galiza, o Plan de Normalización ou os estatutos da RAG. Todo refrendado por Madrid, cousa que no Principado de pandereita non acontece. Hai unha colonización clara e todo o que cheire a galego o señor Areces e os rexionalistas van a pola xente. Para min iso ten un nome: limpeza étnica.

mineru #9 20/Abril/2008 mineru

La diferencia de que los estatutos como el asturiano,reconozcan que algunos territorios puedan pertenecer a asturies,es porque alguna vez fueron de asturies!!!!Eso de la nacion galega es un invento de nenes como los de nos-up,que no saben donde tienen la mano derecha

ranciadas #10 20/Abril/2008 ranciadas

Cando foron de Asturias? Anda rapaz vaite tomar algo que te acougue e che poña a cabeciña no seu sitio. Acaso Laciana ou Oseja foron Asturias, se até as Peñamelleras e Ribadedeva entraron en Asturias no século XIX, pero que dis?

ranciadas #11 20/Abril/2008 ranciadas

A nación galega existe, a asturiana non, porque é España.

Sabrexo #12 20/Abril/2008 Sabrexo

Mineru estudou Historia no tempo que lle quedaba libre logo de ir á mina...

mineru #13 20/Abril/2008 mineru

Yo estudie la historia que nos metieron a todos a calzador los metodos de educacion españoles..pero me encargue de leer historia y ahora se va sabiendo la verdad.Todo aquel españolismo rancio de lo que asturies fue la cuna de españa,nos hizo mucho daño.El territorio Astur comprendia muchas zonas que ahora no son administrativamente asturianas,por muchas circunstancias,y por supuesto que Llaciana y oseya de sayambre eran asturianas de pleno derecho...Igual que hoy,culturalmente!!!!!!!!!recuerdo que muchos vecinos desean el ingreso en Asturies,segun las ultimas encuestas.Cosa que no pasa en galicia con ningun territorio que no sea de su administracion..Pero si al reves,ya que algun pueblecito de Ourense,pidio su ingreso en castilla-leon...

ranciadas #14 20/Abril/2008 ranciadas

Manipula, manipula, segue e segue. Así que Laciana e Oseja son culturalmente asturianas. Manda carallo!! E fuches ti a preguntarlles. E claro se nós dicimos que Castropol e A Veiga son culturalmente galegas xa te botas enriba!!!! Moi coherente si señor, como o perfecto baballismo asturiano de mirarse o embigo.
Sobre o outro, houbo varios concellos bercianos que pediron o ingreso como A Veiga do Valcarce ou Oencia. Sobre o outro caso que sempre quitades cunha manipulación enorme era a da aldea de Pradorramisquedo que non ten centro de saúde e ten que acudir ás Portelas pola cuestión dunha estrada. A parroquia dos Coutos en Ibias pediu ingresar en Galiza en 1931 e non lle deixaron. DE QUE FALAMOS?
Senón sabes do que falas cala, quedas mellor e segue lendo historia que che falta moito, QUE VERDADE? aínda estás no Kovandonguistán.

Sabrexo #15 20/Abril/2008 Sabrexo

Na práctica os españois non permiten o ingreso de ningún territorio en ningunha das comunidades autónomas das tres nacións asoballadas, por moito que o decidan os seus habitantes ou haxa afinidade cultural. E canto a Asturias, alí tanto a cultura galega como a cultura asturiana teñen os días contados. Iso si, Mineru seguirá a beber sidra e pensará que é tan asturiano como os que falaban o idioma.

mineru #16 23/Abril/2008 mineru

Asturies fue nacion,Galicia ni soñandolo!!!!!!!!!!

ranciadas #17 23/Abril/2008 ranciadas

Vai gomitar a sidra que tomaches que che fixo moito dano!!!

mineru #18 23/Abril/2008 mineru

Asturies fue nacion,galicia fue una provincia de ese gran reino que mantuvo relaciones diplomaticas con los grandes de la europa de aquella epoca,como carlomagno.Todo lo demas es invento de esos neocolonialistas delirantes que hablan de no se que gran gallaecia en sus cabecitas,(otros escuchan voces del mas alla)hay de todo en este mundo

Maeloc-do-Rouco #19 23/Abril/2008 Maeloc-do-Rouco

Tudo e discutibel Mineru (e sabe-lo)..assim que visto que nom imos chegar a ningures milhor deixa-lo assim...Eu coido que Asturies foi umha nazom UNICA comxuntamente coa Gallaecia ate a Alta Idade Meia e logo dambas xurdiu a lingua e cultura galego-portuguessa (que inclue o Eu-Navia) por parte galega e a lingua e cultura astur-leonesa (que inclui ou incluia -ja que nom sei se ainda perduram- dialectos cantabros, leoneses e mesmo extremenhos fora dos limites da atual CA do Principau) por parte asturiana...O certo e que a literatura galega ou galego-portuguessa foi ate o seculo XIV a sobranceira na Peninsula Iberica (o cal desdiz moito da sua suposta insignificancia politica) e das mais senlheiras das romaces europeias alias da lingua occitano-provenzal...Eis um dado que nom compre esquecer..As linguas sobranceam cando a sua importancia politica EXISTE (e o caso galego e occitano e bem paradigmatico)

Um Saudinho Fraternal pra o que devera ser umha irmandade galaico-astur (Irlanda-Escocia na Peninsula), mais que a parveza e cativeza de miras dos dous paises irmaus xunguida ao espuriu interesse castelhano-espanhol levou-nos a estas absurdas retesias ao meu ver FRATRICIDAS...Puxa Asturies! Adiante Galiza!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: