O ex bispo liderou a vitoria da alianza da esquerda, despois de seis décadas de hexemonía do Partido Colorado.
Fernando Lugo / Flickr: Fernando Lugo APC
Segundo a información transmitida polo Tribunal Superior de Xustiza Electoral de Paraguai, e con máis do 90% dos votos escrutados, Fernando Lugo, á cabeza da Alianza Patriótica para o Cambio, recibiu o apoio do 40,8% do electorado. Atrás del quedou o Partido Colorado, coa ex ministra de Educación e candidata oficialista Blanca Ovelar á fronte, co 30% do voto. En terceiro lugar, o movemento UNACE, co xeneral Lino Oviedo como cartel, obtivo o 20% dos votos.
Os observadores internacionais felicitaron tamén a calma coa que transcorreu un proceso electoral no que se temía que puidesen producirse fraudes. A tensión foi aumentada ademais por declaracións como a do presidente saínte, Nicanor Duarte, quen fronte á inminencia da derrota falou da presunta influencia de "colaboradores extranxeiros" nestes comicios.
Fernando Lugo, quen fora definido pola prensa hai tempo como "o bispo dos pobres", consegue así á fronte dunha complexa coalición, unha vitoria que remata con sesenta e un anos de hexemonía dos colorados no país. Con todo, agóiraselle unha complicada tarefa de goberno, diante dos problemas dun país con esaxeradas fendas no reparto de riqueza entre a poboación, con débiles cifras macroeconómicas e con anos de lastre dunha estrutura de poder clientelista reproducida durante décadas.
Importante! Artigo no Pais que afirma que en Galicia non se pode escolarizar a un alumno en castelán. Indignante, necesitamos encher de comentarios esta nova, non podemos permitir máis mentiras!!!
Aquí o link:
http://www.elpais.com/articulo...
Bravo por Lugo! Ao meu possível paisano diria-lhe que parecendo-me a sua iniciativa estaria melhor ao pé de outro texto. Começa a me alarmar a quantidade de gente que em vez de comentar umha informaçom ou um texto de opiniom, utiliza o espaço dos comentários para escrever algo que nom muito a conto.
O senhor Lugo será descendente de galegos, claro.
O que cada dia fica mais claro é que, enquanto nos países ricos vencem as forças de direitas– Europa, os EUA, Austrália, Canada, Japom...–, os paises pobres votam, lá onde o terrorismo de estado, as guerras “humanitárias” ou bloqueios, etc. nom o impedem, às forças políticas de esquerdas. Esta divisom do mundo em forças de cámbio e forças que procuram manter os “status quo” ou melhorar a propria posiçom à custa dos outros, alem da filiaçom política e ideológica concreta, é inquestionável, nom acham?
Observador, non me fagas moito caso, mais eu coido que o apelido é guaraní auténtico.
Caralho, Karalham, então tínhamos que adoptar o Guarani como língua da Galiza! ;-)