Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Nunha dura xornada en Ferrol

Pedro Palou gaña a Volta á Coruña aguantando unha fuxida de 130 quilómetros

O ciclista mallorquino do Supermercados Froiz aguantou na última etapa nunha fuxida que comezaban xusto á saída, que se estendeu de Ferrol ao alto da Bailadora.

Redacción - 12:48 21/04/2008
Pedro Palou no podio

Pedro Palou no podio

O máis interesado de que a fuxida chegase mesmo até Ferrol, de volta, era o propio corredor balear, que se tiña desfeito de dous dos corredores que andaban detrás del na clasificación xeral.

Cando o pelotón asumiu que terminar coa escapada era imposíbel, o Super Froiz dinamitou a carreira por detrás para que o ciclista que portaba o maillot amarelo, Federico Pagani, do Diputación de León, non tivese opcións de defender e manter a súa vantaxe.

O esforzo individual de Palou e do equipo pontevedrés tivo recompensa por partida cuádrupla: a xeral individual do mallorquino, a xeral por equipos, a da regularidade a Óscar García (líder após a primeira etapa), e a do mellor galego na xeral pata Óscar Bastos. O equipo que dirixe Evaristo Portela reeditou o triunfo obtido a pasada tempada co neoprofesional Alejandro Paleo. A estratexia impúxose ao final na Volta á Provincia da Coruña.


Ligazóns

5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: