Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Obxectivo: lista global en 2010

O censo da vida mariña do planeta, na internet

Investigadores de máis de oitenta países traballan na primeira base de datos mundial que busca incluír todos os tipos de seres vivos dos océanos.

Redacción - 13:30 21/04/2008

Un grupo de científicos de máis de oitenta países está a traballar na elaboración dun censo planetario que inclúa todas as formas de vida que habitan o mar. O obxectivo presentar unha lista global en 2010, informa a revista Consumer.

Os investigadores do Censo da Vida Mariña (CoML nas súas siglas inglesas), cun orzamento duns 650 millóns de euros, traballan para lograr avaliar e explicar a diversidade, distribución e abundancia pasada, presente e futura das especies de todos os océanos do mundo.



Para este fin contan co apoio de diversas institucións internacionais, entre estas Nacións Unidas, así como varias ONG e organizacións científicas.

Diminución da biodiversidade mariña

Dende que no ano 2000 comezou o proxecto, engadíronse máis de 5.600 especies ao denominado Sistema de Información Bioxeográfico Oceánico (OBIS), unha base de datos global e de localización xeográfica das especies mariñas, que pode ser consultada na rede.

Os expertos do CoML sinalaron evidencias de que a biodiversidade mariña está a diminuír debido á acción do ser humano. O censo contribuirá a coñecer mellor como facer fronte á fin da pesca comercial, que diversos estudos datan no horizonte de 2050 se a tendencia actual continúa.


5/5 (3 votos)


Comentarios (1)

fuco #1 23/Abril/2008 fuco

A mín a data do 2050 como fin da pesca comercial paréceme optimista de máis. Éstes non viron a mar na súa vida.
Se agora mesmo case todo o peixe consumido ven de factorías e granxas e xa estamos a pescar especies que eran consideradas "salvaxes" hai poucos anos...¿2050? ¿Coa aceleración do cambio climático? Se pra o 2020 hai algo que pescar nos océanos sería un milagre.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: