Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Seguen as tensións previas ás Olimpíadas

China descontenta ao concederlle París o status de 'cidadán honorífico' ao Dalai Lama

As autoridades chinesas afirmaron que o recoñecemento ao líder tibetano no exilio é unha "groseira inxerencia" nos asuntos propios do seu país.

Redacción - 18:40 22/04/2008
A voceira chinesa de Exteriores, Jiang Yu

A voceira chinesa de Exteriores, Jiang Yu

A China deu, esta terza feira, conta do seu "forte descontento" en relación á decisión da cidade de París de concederlle ao Dalai Lama o título de "cidadán honorífico", estimando, ao tempo, que este feito é "unha groseira inxerencia" nos asuntos internos chineses.

"A China dá conta da súa enérxica oposición", indicou a voceira do Ministerio de Asuntos Exteriores, Jiang Yu, ao tempo que salientaba que as relacións franco-chinesas quedaban danadas. Yu tamén apelou ás autoridades francesas para que tomen "medidas concretas para salvagardas as relacións bilaterais".

Tensión entre París e Beixín

O Dalai Lama, Premio Nobel da Paz 1989 pola súa dedicación á causa tibetana, é considerado pola China como un líder político que procura a independencia do territorio tibetano, que hai medio século fai parte do territorio administrativo chinés.

A cidade de París decidiu a pasada segunda feira concederlles o título de "cidadáns honoríficos" ao Dalai Lama (a pedido do alcalde da capital francesa, Bertrand Delanoe) e ao disidente chinés Hu Jia (a pedido d'Os Verdes), recentemente condenado a tres anos e medio de prisión na China. O recoñecemento produciuse no contexto da recente tensión entre París e Beixín após o fracaso do paso do facho olímpico pola capital francesa.


4/5 (1 votos)


Comentarios (5)

Barcelos #1 22/Abril/2008 Barcelos

O que ten que facer China é pedir a independencia do país vasco en Francia, e a de Córsega...

Hai moita hipocrisía co caso do Tibet. A ninguén lles importa un carallo, pero agora está de moda foder a China.

Entón por que lle deron a sede olímpica, ou seica o do Tibet apareceu agora?

Sabrexo #2 22/Abril/2008 Sabrexo

Os nobres que a revolución francesa axustizou na guillotina eran uns santiños comparados co Dalai Lama e os seus secuaces. Vaia campaña de manipulación.

ifrit #3 23/Abril/2008 ifrit

Como son estes franceses, unha no cravo e outra na ferradura XD

bertus #4 23/Abril/2008 bertus

#1 : Entón por que lle deron a sede olímpica, ou seica o do Tibet apareceu agora?

Digo eu que será pra facer mellor propaganda? Cando hai deporte polo medio soben as audiencias e as baixas paixóns, asemade, baixa a capacidade crítica.
Dise que na época de Franco o 1º de maio sempre caía un Barça-Madrid pra que a xente se preocupase do fútbol e non da política. Aquí a estratexia parece un pouco máis sofisticada: ponse o deporte de cebo pra captar a atención e logo preséntase o tema do "probe Dalai Lama". Desta forma, grazas ao deporte, actívase un mecanismo no cerebro polo cal se xera unha reacción paixoal a prol da independencia do Tibet e contra China igual ao do siareiro do madrid que se caga nos independentistas vascos, catalás e galegos "polo ben de España".
Tamén fixeran algo así con Moscú. Coido que lle fixera boikot até China.

bertus #5 23/Abril/2008 bertus

Seica Hollywood ten preparada a súa próxima película: Os xogos Olímpicos, ofinal, celébranse na China e o Tibet acada a independencia grazas a intervención, mobilización e democratización ao estilo wenster americán and James Bond collaboration. Entrañable e emotiva é escea final na que o Dalai Lama gaña a medalla de ouro no salto con pértiga.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: