O goberno español intensifica as negociacións diplomáticas cos países influentes no país para lograr a liberación dos mariñeiros.
Máis dun cento de combatentes morreron en Somalia dende a fin de semana
A Oficina da ONU para a Coordinación de Asuntos Humanitarios (OCHA, nas súas en inglés) advertiu este martes de que a violencia e a seca que arrasan Somalia poderían causar unha fame negra semellante á rexistrada hai 17 anos no país africano.
"Mesmo os camelos están a morrer por falta de auga", sinalou a voceira en Xenebra da OCHA, Elizabeth Byrs, para subliñar a situación de gravidade polo pésimo inicio da estación de chuvias, que se vén a sumar ao reaxir dos enfrontamentos entre exército e guerrilleiros islamistas.
Actualmente 2,5 millóns de somalís requiren asistencia alimentaria urxente debido á combinación da violencia, os altos prezos dos alimentos e a recente depreciación da súa moeda.
Persecución de barcos piratas en augas somalís
Por outra banda, o Consello de Seguridade da ONU, a iniciativa de Francia e Estados Unidos e co apoio do Reino Unido, está a elaborar unha resolución que autorice a persecución de embarcacións piratas que operan fronte á costa de Somalia até o interior das augas territoriais do país africano.
Vía diplomática para a liberación dos secuestrados
Precisamente, o goberno español intensificou os contactos con Francia e Estados Unidos, países con influencia na zona onde permanece secuestrado o atuneiro Playa de Bakio, para conseguir a liberación dos seus 26 tripulantes, entre os que hai oito galegos.
Mediante un comunicado, o executivo asegurou que estes contactos se están a desenvolver "con responsabilidade, sensatez e discreción", e sinalou que paralelamente se segue efectuando o seguimento do pesqueiro "de xeito permanente".
Seguimento militar
Neste senso, fontes militares galas informaron que o Estado francés está prestando axuda ao español con intercambio de información e apoio loxístico.
Tamén, este martes, as autoridades da rexión autónoma de Puntland aseguraron que o exército somalí estaba preparado para intervir, aínda que o ministro español de Exteriores dixo que apostan pola negociación para pórlle fin ao secuestro.
Ademais, está previsto que o buque de guerra enviado pola Armada española arribe á zona na noite desta cuarta feira.
¡Que horror! ¡Vanllos a comer!
Odio a palabra "condenar",para que vos vou mentir..
http://www.edu.xunta.es/diccio...
O que pasa é que esta expresión en Somalia e cos piratas, pois dá pé a que cho coman.
A ONU só condena ESTA piratería, INTERESADAMENTE. Nada di de outras, como as que se realizan de luva branca no Iraque, Haití, Afeganistán, Palestina, Chechenia, etc.
Boto de menos nos medios unha análise máis profunda dos factores tan decisivos que inflúen neste tipo de sucesos.
O mundo globalizado ten estas cousas. Se eu fose somalí, posibelmente tamén secuestraría barcos.