O vicechanceler venezuelano para África, Reinaldo Bolívar, comezou unha campaña para que os restos das dúas escravas negras do Libertador Simón Bolívar sexan traslados ao Panteón Nacional.
É aquí onde están depositados os restos dos máis insignes homes e mulleres de Venezuela. As coñecidas como negra Hipólita e negra Matea que repousan no panteón da familia Bolívar na Catedral de Caracas criaron e amamantaron a Simón Bolívar.
Ao dar inicio á campaña, denominada "Hipólita Bolívar, madre de Simón, y Matea Bolívar, Primera Maestra del Libertador ¡Al Panteón Nacional!", o vicechanceler dixo que a iniciativa segue coa reivindicación da influencia africana en Venezuela que impulsa a revolución bolivariana socialista do presidente Hugo Chávez.
Desde a creación do viceministerio para África, en xaneiro de 2005, sempre a cargo do catedrático Reinaldo Bolívar, quen ese mesmo ano logrou que Venezuela fose aceptada como Estado Observador na Unión Africana (UA), a República Bolivariana de Venezuela formalizou relacións diplomáticas cos 54 países dese continente.
As popularmente coñecidas como negra Hipólita e negra Matea, cuxos restosestán actualmente no panteón da familia Bolívar na Catedral de Caracas, criaron e amamantaron a Simón Bolivar Ponte y Palacios
"Entre o moito que nos deron os africanos está a liberdade; foron eles quen romperon as cadeas e de seguro (...) Hipólita e Matea sementaron ese espírito libertario en Simón Bolívar", sostivo o vicechanceler no acto de inicio da campaña, tamén impulsada pola Fundación Afroamiga.
O viceministro asegurou que existen sectores nacionais que expresaron o seu rexeitamento á iniciativa e, aínda que non os identificou, sostivo: "unha vez máis pretenden descoñecer de onde vimos".
Asegurou, igualmente, que se avergoñan dos negros".
Chávez bautizou Misión Negra Hipólita un programa de asistencia social que creou hai dous anos e que está dirixido á atención gobernamental dos indixentes que deambulan polas rúas do país, especialmente os waeao que chegan do Delta Amacuro e piden esmola polas rúas de Caracas.
"Celebro esta investigación de Matea e Hipólita", manifestou no mesmo acto o historiador Ubaldo Ruiz, quen, ademais, avogou "polo resgate" doutras personalidades negras, entre elas Juan Germán Roscio, "primeiro diplomático venezuelano nacido en San Francisco de Tiznados e redactor do acta de Independencia de Venezuela"