Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Campaña da Universidade de Vigo

A educación plurilingüe: todo vantaxes

En defensa do decreto sobre o ensino da lingua, ponse en marcha un proxecto que explicará en todo o país as vantaxes do plurilingüismo.

Redacción - 12:15 23/04/2008

"As medidas implantadas até o de agora para favorecer o bilingüismo harmónico foron un fracaso", reflexionaba este martes Henrique Costas, responsábel de Normalización Linguística da Universidade de Vigo. Fronte a iso, os promotores deste proxecto confían en que o recente decreto sobre a lingua "corrixirá ese rumbo equivocado". A campaña deseñada pola institución vaille ofrecer charlas divulgativas a centros de ensino de primaria e secundaria, docentes, asociacións de pais e nais e colectivos diversos. O obxectivo é explicar polo miúdo as vantaxes do plurilingüismo na educación.

Os expertos debullarán de forma sinxela os argumentos cognitivos e neuro-lingüísticos nos que se basea o ensino plurilingüe. Destacarán ademais as vantaxes "comunicativas, emocionais, identitarias, culturais, económicas, laborais, cognitivas e educativas". Unha iniciativa que ademais se basea na experiencia de "case cen anos de programas de educación plurilingüe nos cinco continentes". Parte ademais co lema "quen sabe galego sabe máis", segundo explicou Iván Area, vicerreitor da institución.

Galiza pode aproveitar unha situación de privilexio
"Quen é competente en galego e castelán, aparte de posuír unha destreza maior en capacidades cognitivas e neuro-lingüísticas, ten a porta aberta a unha máis doada competencia nas linguas e coñecementos que se propoña", sinalan, "este decreto proporciona a chave desa porta: ábrea", aseguran.

"Sabéndomos galego, cun mínimo esforzo chegamos a ser competentes en portugués, lingua falada por 250 millóns de persoas en catro continentes, e con poucas horas de aprendizaxe accedemos doadamente a unha mínima competencia noutras linguas da familia románica: italiano, catalán, sardo, francés, romanés...", subliñan no guieiro de presentación do proxecto.

Recordan ademais, que o proxecto deseñado pola Xunta bebe de modelos postos en marcha anteriormente "tanto nos estados máis avanzados do mundo", caso de Canadá, Finlandia, Suecia, Reino Unido, Italia, EEUU, Alemaña, Holanda, "como en economías emerxentes", como son Singapur, Malaisia, Indonesia, China ou a India.

Recomendámoslles a web deseñada ao respecto pola Universidade de Vigo: Europa é plurilingüe: quen sabe galego sabe máis

A iniciativa ten inicialmente o apoio dos Concellos de Vigo, Ourense e Pontevedra, ademais das universidades de Santiago de Compostela e A Coruña. Está aberto aberto a máis adhesións, e municipios como o de Nigrán, Tomiño, Redondela ou Moaña, xa manifestaron o seu interese por sumarse ao proxecto.


4,87/5 (30 votos)


Comentarios (11)

El_pastorrr #1 23/Abril/2008 El_pastorrr

Pois si, o tal, ben exposto e explicadiño, ainda que podían ser un pouco belixerantes con algúns macacos que andan a ornear.

Sabrexo #2 23/Abril/2008 Sabrexo

Totalmente de acordo co artigo, explicitando que en Galiza, por sorte ou por desgraza, para ser competente en español abonda cunha presenza mínima deste idioma no sistema educativo (a propia clase de lingua española).

larpeiran #3 23/Abril/2008 larpeiran

Excelente. A ver que nos han contar agora os da BG, TANGA etc.

Garrano #4 23/Abril/2008 Garrano

Moi ben pola Universidade de Vigo, mágoa que non sexan eles os primeiros en tomar exemplo. Agardo que a cousa non fique aí e que sexa só o primeiro paso de moitas iniciativas semellantes desde outras entidades como a USC, AS-PG, Nova Escola Galega, CAE... por non falar xa da DXPL.

crunha #5 23/Abril/2008 crunha

Moi boa iniciativa, por fin alguén se decide a facer pedagoxía para desmontar a demagoxia que se anda a facer por parte dalgúns.
O malo é, como dixo Garrano, que a Xunta siga sen facer nada. Cos cartos que dá de subvencións aos medios de comunicación, ben que lles podía pedir que informasen.

molondron #6 23/Abril/2008 molondron

Era xa hora de que neste noso país, alguén explicase o factor neuro-lingüístico na aprendizaxe de linguas (máis axilidade mental; mellores capacidades orais, auditivas, escritas; máis capacidades para aprender outras linguas -sexan románicas ou non-) e o que supón de apertura de mentes a outras culturas a través das súas linguas e da nosa propia.
A ver se esta información chega aos papás de "Galicia bilingüe" para que deixen de castrar mental e lingüísticamente aos seus rapaces, esencia do futuro.

dumiense #7 24/Abril/2008 dumiense

Isto é un problema para todos, debemos amosar a utilidade de saber galego e dignificar a nosa lingua. Temos que defender o galego dos ataques de Galicia Monolingue, se non o facemos nos que o vai facer???

Isto debe ser un exemplo para todas as entidades, grandes e pequenas, non só universidades, hai que introducir a A.A.V.V., centros sociais, asociacións culturais... estamos nun momento trascendental para que a poboación galega tire polo camiño do abandono do galego que promove esta xentuza ou ben loitar e defender a nosa fala.

Gaviotero #8 25/Abril/2008 Gaviotero

Por una vez estoy de acuerdo con Vieiros. Sí a la educación plurilingüe: en español e inglés.

condedecotobade #9 25/Abril/2008 condedecotobade

Eu tamén estou dacordo con Gaviotero: Español e inglés, que todavía quedan moitas esclaeiras en New York que precisan ser fregadas. Españoles todos, veña para a gran mazá que alí o voso idioma fai moita falla.

condedecotobade #10 25/Abril/2008 condedecotobade

Por certo, que a min encántame esa campaña que se fai nos medios destacando que cada vez máis xente quere aprender español, que é lingua de moda e todas esas cousas... Tiven a sorte de coñecer a varios estranxeiros interesados en aprender la lengua cervantina e todos tiñan o mesmo interese "bailar salsa-reggaeton" e saír comer tapas. Vamos que como lingua de negocios...

Tino #11 30/Abril/2008 Tino

Onte chovia en Ourense: unha vila onde praticamente o 100% dos nenos falan en castellano.
Unha nena cantaba: "Chove sen fin pero ti estás lonxe de min...,,

O Psoe e a CRTVG só buscan unha morte (in)digna para o galego e lavarse as mans.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: