Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A DISCUTIDA FIGURA DO REI

A Fiscalía abre dilixencias contra un alcalde que lle chamou “corrupto” e “crápula” ao monarca

O rexedor da localidade andaluza de Puerto Real, José Antonio Barroso (IU), négase a rectificar as declaracións que fixo nun acto público.

Redacción - 19:35 24/04/2008

O alcalde da localidade andaluza de Puerto Real, José Antonio Barroso, non tivo reparos en dicir publicamente o que pensa sobre o monarca español, Juan Carlos de Borbón. O rexedor, que milita en Izquierda Unida, aproveitou unha homenaxe á Segunda República para dicir que o rei era un “corrupto” e un “crápula”. A Fiscalía de Cádiz decidiu abrir dilixencias para determinar se o rexedor “incorreu en delito”.

Barroso sinalou no acto público que “O Borbón é fillo dun crápula. O Borbón de condición desprezábel, o presente, non é menos desprezábel do que foi o seu pai. Afecto ao golpe de estado, desprezado polo tirano, a quen lle pediu reiteradamente que o deixase entrar no exército faccioso”. O alcalde tamén se referiu á impunidade que lle dá a Constitución española ao xefe do Estado. Como exemplo sinalou que se o rei atropella a unha moza e esta morre no accidente “quedaría sen castigo como resultado, por exemplo, dun feito que ten que ver posibelmente coa súa habitual vinculación etílica”.

Este mesmo xoves, en declaracións a diferentes medios, o alcalde mantivo as súas críticas: “A monarquía non é ningún modelo nin ningún espello para mirarse. Calquera político, co seu entorno empersarial, tería cavado a súa propia tumba”.


3,75/5 (8 votos)


Comentarios (5)

Gaviotero #1 24/Abril/2008 Gaviotero

¿La discutida figura del Rey? Pues pocas figuras suman en España tantos apoyos como la del Rey...ni siquiera Castelao congregaría hoy en día tantos apoyos en Galicia como los que congrega el propio Rey de España y, por tanto, también de Galicia.

xoselado #2 24/Abril/2008 xoselado

Pois penso que o Sr Alacalde non dixo ningunha mentira.Exceptio veritatis, ou algo así, chámanlle no dereito penal pero o monarca está por encima do ben e do mal... por gracia divina.

bertus #3 25/Abril/2008 bertus

Moitos alcaldes como Barroso fan falla!

ecoe #4 25/Abril/2008 ecoe

É correctísimo o que di, mais moitos coma ele non (en moitos outros aspectos)

remexendo #5 26/Abril/2008 remexendo

Ánimo Barroso hai moita xente no Estado Español que pensa igoal que ti ¡ Viva a República!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: