Propoñen esixirlles responsabilidades aos grandes bancos por casos de dano ambiental e violación de dereitos humanos.
As "finanzas éticas" centrarán o esforzo da Semana Galega do Comercio Xusto, que se celebra entre o 24 e o 30 de abril, e que foi presentada este xoves no Club Internacional de Prensa pola asociación Amarante.
O colectivo deseñou un programa que lle achegará aos cidadáns as posibilidades da banca ética como alternativa e, doutra banda, afondará na denuncia e a necesidade de presión sobre a banca convencional polos reprochábeis manexos e investimentos que realiza.
De xeito específico, vaise falar dos informes elaborados recentemente pola Campaña de Finanzas Éticas, e que detallan "os vínculos financeiros que BBVA e Santander teñen con empresas e proxectos controvertidos". Ao fío, desde este venres faise unha campaña de recollida de sinaturas "para esixir responsabilidade a estes dous bancos, por diferentes casos de dano medioambiental e violación de dereitos humanos".
Toda a información na web de Amarante.
A banca é un poder q ten as raices sustentadas directamente na política e da cal se autoalimentan.
O útlimo calote económico foi o das hipotecas sub-prime: nin mais nin menos q montar chiringuitos para evadir os ,,controis" económicos estándares e seguir cobrando comisións por venda de produtos sen garantias legais.
Os q ficaron na rua sen nada ninguén mira por eles, os mercados internacionais ainda sofren as consecuencias. E os q cobraron grandes sumas seguen nas suas poltronas inventando maneiras de seguir estafando.
Nada a ver a Banca e a Política!
"Segundo o Tribunal de Contas, entre 1993 e 2002 os bancos espanhóis perdoárom 25,4 milhons de euros aos dous partidos mais votados: 17,9 ao PSOE e 2,8 ao PP. Em troca de quê?"
id. para Caixanova e Caixagalia: ladrillo salvaxe, portos deportivos estragando a costa, infame acuicultura en terra...
Investigación e responsabilidades xa! Deles e dos/as que negocian con eles
eu engadería sancións exemplares para as memorias de responsabilidade sociais e corporativas, se ao final descobrese que non son tan sociais, caso do BBVA e Santander que invisten en armamento