Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Manifestación en Pontevedra

A APDR suma forzas en favor dunha oportunidade "ambiental e económica" para a ría

Colectivos de todo o país reúnense nunha mobilización que busca "impedir a consolidación" do complexo Ence-Elnosa na ría pontevedresa.

Redacción - 09:00 25/04/2008

O presidente da Asociación pola Defensa da Ría, APDR, Antón Masa, explicou hai xa días e durante a presentación da manifestación deste venres (ás 20h30 en Pontevedra) que se trata dunha convocatoria necesaria para reprobar a "escasa vontade política" que estaría amosando a Xunta diante do conflito con Ence e Elnosa.

Masa recordaba ao respecto as últimas declaracións de Manuel Vázquez, conselleiro de Medio Ambiente, sobre este tema, e advertía contra a intención do Goberno de "con toda seguridade" concederlle ao grupo empresarial a autorización ambiental. Unha concesión que, segundo a APDR "coa lei na man sería ilóxica e irregular". "Todo fai pensar que esa concesión levará consigo a consolidación do complexo industrial na ría", láiase Masa. Ese estremo supón, segundo denuncian desde o colectivo, "unha tomadura de pelo" aos veciños de Pontevedra.

Fronte a esa situación, este venres ás 20h30 sairá da Praza da Ferrería unha manifestación para a que xa anunciaron o seu apoio e asistencia ducias de colectivos de toda Galiza.


5/5 (6 votos)


Comentarios (2)

ecoe #1 25/Abril/2008 ecoe

Coma sempre, estaremos, e estaremos menos que a totalidade dos que estamos contra ESE LI-XO INMEMORIAL E IMPRESENTABLE, considerado en calquera dos ámbitos en que poida considerarse: social, sindical, económico (no máis amplo sentido de este concepto), laboral, político, ambental, saúde, marítimo, turístico, etc., etc.

Que se espabilen no Mar do Plata i en Uruguai ou non poderán desfacerse de esta PERSISTENTE RUINA.

lute #2 26/Abril/2008 lute

O meu apoio simbólico na distáncia e o reconhezemento de todos á laboura incansável da APDR durante moitos anos na loita contra a peste gratuita de ENCE na ria de Pontevedra; particularmente agora, tras tres anos de enganos e meias verdades dos irresponsáveis da Conselharia progre de Meio Ambiente.

Alomenos que saibam que nom tragamos com rodas de muinho.

Obrigados APDR.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: