Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Afrouxaría a tensión política

O primeiro ministro iraquí anuncia que todos os partidos volverán a un "goberno de unidade"

Os grupos con representación parlamentaria en Iraq recuperarían así ao acordo que rachou o ano pasado.

Redacción - 09:00 25/04/2008

"A reconciliación demostrou ser un éxito e todos os bloques políticos volverán ao goberno", informaba a oficina do primeiro ministro iraquí, Nuri al Maliki, nun optimista comunicado.

Desde a Fronte do Acordo Iraquí e outros grupos menores, anunciaron estar preparando ese acordo e decidindo nomes para o regreso aos ministerios. Entre as reclamacións que viñan realizando para a recuperación do consenso estaban diversas concesións en favor da minoría árabe suní.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: