Novas Xeracións do PP inicia un ciclo de coloquios e proxeccións, por todo o país para achegar a mocidade "aspectos que sexan do seu interese".
Baixo o título Venres temáticos, a formación xuvenil do PPdeG, Novas Xeracións, organiza un ciclo de coloquios e proxeccións, que percorrerá distintas vilas do país "tentando achegar á mocidade galega aspectos que sexan do seu interese".
O ciclo, que comeza este venres ás 19:00h na sede local do Partido Popular de Pontevedra e que será presentado pola presidenta da organización, María Seoane, utilizará distintos documentais "de recoñecidos autores internacionais" para abordar aspectos actuais como o cambio climático, a sociedade da comunicación ou os novos campos de investigación.
Nesta primeira sesión, o tema a analizar será a globalización, así como os movementos contrarios ao xeito en que este fenómeno se está a desenvolver. Proxectarase o filme En Defensa da Globalización, que dará pé a un posterior coloquio onde os asistentes poderán debater sobre as súas vantaxes ou os seus inconvenientes.
Taiwán, Vietnam e Quenia
O documental, realizado polo economista sueco Johan Norberg en 2003 e inspirado no seu propio libro En Defensa do Capitalismo Global, defende os valores da democracia occidental e do liberalismo económico.
Para argumentar a súa teoría, Norberg viaxe a tres países: Taiwán, "que adoptou unha economía de mercado hai uns corenta anos", Vietnam, "que comeza a facelo actualmente" e Quenia "onde só se conseguen trazas de capitalismo". "As diferencias entre eles son, dende logo, abismais...", sinalan dende Novas Xeracións.
As tres cousas que defenden, asegún o titular, son PRECISAMENTE AS CAUSAS do aprofundamento DA GRAVE CRISE en que nos ten SUMIDO O CAPITALISMO Á HUMANIDADE!
O cínismo das potencias colonizadoras non ten límite. Moi respeituosos no seu territorio e depredadores no mundo... sen irmos moi lonxe, o desastre de Aznalcollar foi hai dez anos na España... que non faran noutros sitios.
E este chaval ademais formado no sistema educativos sueco completamente público, en fin....
Xa sabemos o que vai facer o noso amigo Gaviotero os venres.Unha aperta para él dalguén que está nas antípodas do seu pensamento.Todos temos que deprender a conviver nesta Galiza.
Non lle viría mal un pouco disto: http://www.guerraeterna.com/ar... :p