Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Manifestación o próximo 18 de maio

Máis de 70 organizacións apoain a marcha "Polo dereito a vivirmos en galego"

A Mesa presentou o material gráfico de apoio á mobilización de Compostela, para a que se habilitarán autobuses de balde.

Redacción - 14:45 28/04/2008

A Mesa presentou a campaña gráfica que presidirá a manifestación nacional do 18 de maio e que terá como lema "Polo dereito a vivirmos en galego". Repartirá 20.000 cartaces, 15.000 adhesivos, 5.000 deles para automóbiles, e 10.000 folletos. O presidente da asociación, Carlos Callón, confirmou que xa hai 70 organizacións que apoian o manifesto, o que garante que haberá unha "gran participación".

Callón anunciou que se poñerán autobuses gratuítos para acudir ao acto reivindicativo, que partirá ao mediodía da Alameda de Compostela. Para iso será necesario poñerse en contacto coa Mesa, quer a través do teléfono, quer a través do correo electrónico. O responsábel da Mesa animou a sociedade a participar a prol da lingua, porque "estamos nunha encrucillada na que, ou ben pode ficar como unha lingua residual sen usos espontáneos, encamiñada á súa desaparición, ou ben podemos conseguir a súa plena recuperación e expansión a todos os ámbitos da sociedade”.

A Mesa denunciou presións "por parte de grupos que queren que a lingua galega desapareza, detrás das cales se atopa un importante partido político”, pero tampouco deixou o Goberno fóra das críticas. Referido ao conselleiro da Presidencia, "Méndez Romeu irá seguramente o sábado (17 de maio) poñer flores á tumba de Álvarez Blázquez, mentres os programas informáticos do seu departamento non permiten escribir en galego, nin os topónimos".


4,86/5 (29 votos)

Comentarios (14)

Galezio #1 28/Abril/2008 Galezio

Apoio com todas as minhas forças, e como membro da EMBAIXADA GALEGA DA CULTURA-RENOVAÇÃO somo-me à iniciativa.
Avante toda!
http://lacomunidad.elpais.com/...

lugris #2 28/Abril/2008 lugris

Eu tamén apoio, mais os nosos fillos/as tamén hailles que falar.
Arrepiame ver cando a xente que fala en galego e se refire o que dixeron os seus fillos faino en castelán. POR NORMA OS NENOS/NENAS SEMPRE EN GALEGO.

Gaviotero #3 28/Abril/2008 Gaviotero

El que quiera vivir "en galego", o sea, el que quiera vivir como un nacionalista, que lo haga. Nadie se lo niega.

Pero que tampoco nos nieguen a los demás nuestro DERECHO a vivir en castellano. O sea, a no vivir bajo la bota naci.

Gaviotero #4 28/Abril/2008 Gaviotero

¿O será que la Mesa esta de Falsificación Lingüística pretende IMPONERNOS a los demás ese derecho a vivir en gallego?

Porque entonces, en vez de un derecho, sería una imposición.

Y ante las imposiciones...¡¡¡LIBERTAD, LIBERTAD, LIBERTAD!!!

en_galego #5 29/Abril/2008 en_galego

apoiooooooooooooooo

http://www.blogoteca.com/en_ga...

visitameeeeeeeeee

silveira-tordoia #6 29/Abril/2008 silveira-tordoia

Vemos día a día como na Galiza o exercicio do dereito a expresarnos na nosa lingua é cuestionado sistematicamente por certos sectores da sociedade, que non dubidan en pedir responsabilidades a aquelas persoas que facemos uso da mesma. A súa actitude é criminalizar, e busca limitar a recuperación do noso idioma, tan maltratado durante tanto tempo.



Esta situación demanda de nós unha mobilización da base social favorábel a unha maior presenza social do galego e a retomar a iniciativa neste tema

Ghaviotero #7 29/Abril/2008 Ghaviotero

Vai dende aquí o meu apoio e ánimo aos participantes, e de jeito especial aos neofalantes.

http://www.blogoteca.com/terra...

galeguinho_18 #8 30/Abril/2008 galeguinho_18

Penso q o dereito a vivirmos en galego e basico, se me poidese contextar gaviotero agraderiallo, ante o comentario q fixo:

"El que quiera vivir "en galego", o sea, el que quiera vivir como un nacionalista"

1. os vellos q votan o pp q falan galego son nacionalistas???
2. tanto hai de malo querer falar galego xa q o galego-portugues é a lingua q staba antes da invasion do castelan???

Tio, se queres falar castelan falao, pero non llo impidas os que queren q xa somos poucos....

Grazas pola vosa atencion!!

sophia #9 30/Abril/2008 sophia

Grazas, Ghaviotero, eu son neofalante, e custoume, a xente fai preguntas irrespetuosas, ferintes, "¿hablas gallego tú, ahora?, ¿y eso?, no me seas pailana, nunca lo hablaste y lo hablas ahora..." "y tú que ers del medio del monte?", faltáronlle un día a unha amiga miña neofalante tamén. Custa, custa, somos heroínas e heroes...

Tino #10 30/Abril/2008 Tino

Onte chovia en Ourense: unha vila onde praticamente o 100% dos nenos falan en castellano.
Unha nena cantaba: "Chove sen fin pero ti estás lonxe de min...,,

O Psoe e a CRTVG só buscan unha morte (in)digna para o galego e lavarse as mans.

-Xavier #11 30/Abril/2008 -Xavier

Sophia, ânimo porque as pessoas neofalantes sodes tão falantes de Galego como os que o não somos!

Toda a gente tem direito a falar em Galego, seja a sua língua inicial ou não.

Se che perguntam "Y luego, ¿ahora tú hablas en Gallego?" podes responder À GALEGA: "e logo, porque não o havia de falar?" Se che dizem que antes não o falavas podes argumentar que agora sim, e que gostas, e que se temos um idioma está bem usá-lo, falá-lo e escrevê-lo, que podemos mudar de idioma e falarmos o Galego com normalidade porque é o nosso idioma e se nós não o falamos não o vai falar ninguém por nós. E todo isto desde a normalidade e a amabilidade. Até certo ponto é normal que alguém se estranhe por ver-te falar um idioma em que nunca te viu falar. Essa pessoas que dizem esse tipod e comentários estão influenciadas por um ambiente onde o "normal" para elas, ou o "normal" em relação à língua que tu falavas anteriormente, é o Espanhol. Mas com amabilidade tudo s epode explicar como parte de um processo natural de toma de consciência linguística, não com essas palavras, claro, mas simplesmente explicando o que antes comentei como o que é, como uma mudança natural a que toda pessoa tem direito. Todos os argumentos estarão da tua parte. É natural falar em Galego e deve ficar claro que é natural e normal falá-lo, sejas neofalante ou não.

Do meu ponto de vista, é mais útil para o Galego uma pessoa neofalante que o fala de uma maneira completa, isto é, em todos os usos possíveis, que uma pessoa que o tem como língua natural e pode falá-lo com muita perfeição fonética, etc., e que o não usa porque vê inútil usá-lo ou considera o seu uso um "lastre" para a vida moderna, ou outro tipo de preconceitos.

Sempre que vejo (leio, neste caso) alguém que diz (escreve) que é neofalante em Galego, alegro-me muito, porque esse passo que tu deste é uma acção de afirmação e independência pessoal que só se pode fazer na Galiza no sentido da plena normalização do Galego, pois o Espanhol já está normalizado. E ainda que constitui um ponto de reafirmação, é também um caminho, porque o processo de normalização linguística é DIA A DIA. Sempre há que reafirmar o Galego, em diferente usos e âmbitos, em diferentes lugares e contextos. E se é assim é porque como idioma não está normalizado, mas secundarizado e subjugado a respeito do Espanhol. Nesse caminho estamos todas e todos os que vemos no Galego as mil primaveras mais de que falava Cunqueiro.

Saúde, saudações e parabéns!

sophia #12 1/Maio/2008 sophia

Grazas polos teus azos, aínda teño moito que millorar.

paupau #13 1/Maio/2008 paupau

sabedes se vai ir Caneiro?

OBSERVADOR #14 1/Maio/2008 OBSERVADOR

A NOSSA LÍNGUA É INTERNACIONAL

AGAL fai público o seu manifesto para a manifestaçom do próximo 18 de Maio

PGL - A Associaçom Galega da Língua (AGAL), com motivo da celebraçom do Dia das Letras, convoca todos os galegos e galegas a manifestarem-se o próximo 18 de Maio às 12 horas na Alameda de Compostela, em defesa da Língua da Galiza, que identifica o nosso Povo, e convida a fazê-lo de modo firme e cívico polos nossos direitos lingüísticos individuais e colectivos de acordo com as seguintes considerações:

http://www.agal-gz.org/modules...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: