Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
O PRAZO DO CERTAME DESTE ANO REMATA AO 5 DE MAIO

Textos gañadores da I edición do premio literario "Contos no Mediterráneo"

Como se anuncio hai uns días e de acordo coas bases do certame, publícanse en Vieiros Barcelona os textos premiados na primeira edición do 2007.

Redacción - 22:15 28/04/2008

O vindeiro 5 de maio remata o prazo de presentación de textos para a II Edición do Certame Literario "Contos no Mediterráneo". Entre as características deste singular concurso literario, dirixido a persoas que estudaron ou están a estudar galego ou portugués nalgún dos territorios de fala catalá, están liberdade de escolla na opción normativa dos textos, que serán valorados dando prioridade á calidade e á creatividade literaria por riba da corrección lingüística.

Hogano, na categoría B, para maiores de 18 anos, o primeiro premio está dotado con 1.000 euros; o segundo consiste nunha viaxe a Lisboa e o terceiro nun lote de cerámica de Sargadelos. Na categoría A, para menores de idade, os premios van dende un iPod nano para o texto gañador, unha cea para dúas persoas para o segundo e un obsequio de Sargadelos para o terceiro. Esta categoría tamén conta con lotes de materiais didácticos de galego e de portugués.

O acto de entrega dos premios será o 30 de maio no Centro Galego de Barcelona e os textos premiados serán publicados en Vieiros Barcelona, entre outros lugares. Os textos gañadores na primeira edición xa se poden descargar aquí, no apartado de Documentos.

Textos gañadores da primeira edición do premio literario "Contos no Mediterráneo", 2007.

Categoría A (menores de 18 anos)

A categoría foi declarada deserta, ao non presentarse máis ca un texto. Porén, o xurado considerou que a calidade do conto merecía unha mención especial:

- Cancións do verán, Adrián García Reyes

Categoría B (maiores de 18 anos)

- Primeiro premio: Canadian Waltz, de Auria Rodríguez Gómez.

- Segundo premio: Tudo bem, tudo bom, de Agathe Catel.

- Terceiro premio: Non se fala, de María Jesús Candau Chacón.


Documentos

4,75/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: