Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Eleccións municipais na capital de Italia

Roma escolle a dereita despois de quince anos

Antigo líder dun grupo neo-fascista, Gianni Alemanno consegue a alcaldía cun agresivo discurso cara a inmigrantes, xitanos e sobre políticas de seguridade.

Redacción - 09:00 29/04/2008

Outro xiro significativo no escenario político italiano apenas uns días despois de que os electores escolleses a Berlusconi para liderar unha nova etapa no goberno estatal. Agora, a capital, Roma, deixa atrás quince anos de goberno da esquerda e pasa a mans da dereita.

A candidatura de Gianni Alemanno resultou vencedora co 53,6% dos apoios fronte ao 46,3% de Francesco Rutelli, candidato do centro-esquerda, e quen fora vice primeiro ministro no goberno de Romano Prodi. Respecto ás pasadas municipais, onde vencera Veltroni, recentemente derrotado por Berlusconi á fronte do Partido Democrático, as mesmas siglas baixo as que acudía Rutelli, a participación caeu case quince puntos.

Entre outros, Alemanno insistiu especialmente durante a súa campaña na asociación de "inmigración" con "delito", prometeu "man dura" e incremento de policía na rúa, e asegurou que expulsará milleiros de xitanos que residen en asentamentos ilegais nos arrabaldos da cidade.

Máis en La Repubblica e Corriere della Sera


0/5 (0 votos)


Comentarios (6)

Amaeo #1 29/Abril/2008 Amaeo

Que fedor vem da península itálica...

Xeonllo #2 29/Abril/2008 Xeonllo

Pois que lles aproveite a eses fillos de Mussolini e lacaios da mafia que votan a alguén tan impresentable como Berlusconi. Xa se arrepentirán.

Xeonllo #3 29/Abril/2008 Xeonllo

Pois que lles aproveite a eses fillos de Mussolini e lacaios da mafia que votan a alguén tan impresentable como Berlusconi. Xa se arrepentirán.

Morcego #4 30/Abril/2008 Morcego

Este romanos são loucos!...toc...toc...toc..

ecoe #5 2/Maio/2008 ecoe

O fascismo non é dereita, e a Constitución iataliana prohíbeo... na letra!

BonKarallan #6 2/Maio/2008 BonKarallan

¡Por tutatis! ¡Están tolos ester romanos!

E ainda fascista con apelido "alemán"

Berlusconi, Alemanno...
a caída do Imperio Romano.

¡¡Porca Miseria!!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: