O fiscal xeral do país asiático reclama que se tomen medidas para protexer os nenos da súa "nefasta" influencia.
A boneca Fulla leva la vestimenta tradicional islámica
A popular boneca Barbie, pero tamén os superheroes Spiderman e Batman, acompañados polo mago Harry Potter, e a importanción de videoxogos e filmes, non son ben vistos en Irán. Nunha carta dirixida ao vicepresidente Parviz Davudí, o aiatolá Ghorbam Alí Dori-Nayafabadí, reclamou a imposición de restricións a estes produtos, para evitar o seu "efecto destrutivo na mocidade do país".
Segundo indica o Dori-Nayafabadí, a vestimenta impropia de personaxes como Barbie e Batman non lle da os nenos iranianos bos modelos durante o seu desenvolvemento, e ademais axuda a expandir da cultura occidental no país asiático.
A pesar de que en anteriores ocasións os funcionarios iranianos tentaron reducir a popularidade destes bonecos, a día de hoxe a Barbie segue a manter unha enorme popularidade entre os mozos. Creáronse unhas versións iranianas da famosa boneca, con vestimentas máis modestas e evitando mostrar os contornos do seu corpo, máis non puideron facer nada ante a popularidade e atractivo da Barbie.