Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
UNIVERSIDADE

Estudantes de Medicina maniféstanse en Santiago contra a posibilidade de que se abran máis facultades

Consideran que antes de crear novos centros hai que facer un “estudo rigoroso” das necesidades que ten a titulación.

Redacción - 13:47 29/04/2008

A capital de Galiza é a única cidade do país que conta cunha Facultade de Medicina. Porén, nos últimos anos o debate sobre a necesidade de que se creen máis facultades foi unha constante. A Universidade da Coruña foi a institución que máis pelexou dende a década dos 90 para contar coa licenciatura de Medicina.

Este martes, centos de estudantes de Medicina de Compostela saíron á rúa para rexeitar a creación de máis facultades no país até que “haxa un estudo rigoroso sobre as necesidades”. Os estudantes manifestaron a súa aposta polo ensino público e rexeitaron a posibilidade de que se abran centros privados “que vaian consumir os recursos das públicas, como xa está sucedendo en moitas, que usan hospitais públicos”.


5/5 (2 votos)


Comentarios (6)

baltar69 #1 29/Abril/2008 baltar69

abrir máis facultades e formar máis médicos para satisfacela demanda da poboación está fóra de toda duda. ahora mesmo me acaban de chamar do hospital de lugo para retrasar unha cita de neuroloxíaa un familiar; e ese tipo de chamadas non é nin a primeira nin a segunda vez que as recibo: o día que non é o neurólogo é o ciruxán e cando non é o ciruxán é o hematólogo. e eso que soio conto con duas persoas na familia que demandan asistencia sanitaria por doenzas crónicas non especialmente graves, anque sí latosas.
as necesidades, pois, estimados estudantes, parecen á vista e o esforzo de ser riguroso parece máis encamiñado a outras cuestións deficitarias que a demostrar o que é perfectamente palpable.
o que sí parece claro é que este sistema de numerus clausus, apuntalado pola usc e polos colexios médicos, a quen beneficia é soamente os facultativos, furtando, coma sempre, á cidadanía un servicio polo que, non o olvidemos, ésta paga.
non se trata de sanidade pública ou privada, ese non é o debate. trátase de sanidade a secas, de calidade, adaptada ás cecesidades da cidadanía. e os médicos teñen que deixar de sélo centro, por que o protagonista é o paciente.

Komun #2 29/Abril/2008 Komun

Coincido con baltar en que é evidente que son necesarios máis medios. Coido que a medida pode ser boa, porque frente aos intereses corporatistas dos médicos, ábrese a possibilidade de que máis persoas, igualmente cualificadas poidan exercer a mediciña. De todos modos, ¿porque sempre pasa isto con medicina e farmacia, e nunca co resto de carreiras? É máis, o gremio dos médicos apoiou unha impresentable folga a prol de acadar o complemento de exclusividade, incluso pra aqueles que alternaban sanidade pública e privada. ¿Non se lles caerá a cara de vergoña?

ecoe #3 2/Maio/2008 ecoe

Coido que a facultde de Mediciña de Compostela ten cabida de abondo para dotar de personal os centros sanitarios galegos , e de sobra.

O que hoxe haxa déficit profisional na GZ ten a ver con quenes puxeron "NÚMERUS CLAUSUS" durante décadas nesa Facultade, con quenes dirixiron a política sanitaria galega i estatal, PP e PRISOE. Non hai máis.

E non contentos tamén son RESPONSÁVEIS (pp e prisoes correspondentes) da marcha, por millores postos e salarios, dos médicos hacia Portugal e países extranxeiros varios. Tamén o son da "DESCAPITALIZACIÓN" en personal médico da Sanidade Pública, cuios millores profisionais -ben formados na Pública- hoxe ESTÁN A FUXIR SIN DEMORA hacia a Privada, onde teñen millores condicións, polo menos económicas, e que lles reportarán unha millor xubilación en apenas 10/12 anos!

Só na PRIVATIZACIÓN DESCARADA, ca participación de SANATORIOS PRIVADOS, ENTIDADES DE MÚTUAS/SEGUROS, e CAPITAL FINANCIEIRO, pode andar a explicación de ese desexo de "zonificar" supostamente a Facultade, esto é, PLAN BOLONIA DENTRO DA CONSELLERÍA E DA XUNTA DE GALICIA (política de €$tado).

Tan sinxelo e tan DESCARADO como iso. Ó tempo, coma sempre!

alboiando #4 3/Maio/2008 alboiando

monteporreiro, penamoa, pontecaldelas, USC... gitanos e portugueses fóra da Galiza!
tremenda invasión...

condedecotobade #5 3/Maio/2008 condedecotobade

Se os salarios dos médicos portugueses son maiores é debido a que o seu lobby é aínda mais forte que o dos médicos galegos e non se aumentan prazas para formar médicos en Portugal. Os estudantes de medicina o que queren é que se lles asegure o seu futuro de privilexiados, nada máis ca iso. Un médico raso cobra 300€ por cada día de "guardia", guardias de 24 horas nas que probabelmente pasan durmindo a metade. Os médicos "MIR" sempre se queixan de que son eles os que na práctica traballan durante as guardias (cobrando sobre 125€) pero nunca apoian que se cambie o sistema por outro máis racional (turnos de 8 ou 12 horas como en calquera servizo que se precise ter 24 horas operativo) porque saben que despois duns aniños vanse aproveitar do sistema e van recibir os 300€ sen facer nada. Coas facultades é o mesmo, os rapaces non queren concorrencia, nin de alunos portugueses nin de Galiza, o que queren é ter asegurado que no futuro van seguir sendo uns traballadores privilexiados cunha profesionalidade que moitas veces (afortunadamente non sempre) deixa bastante que desexar. Ao meu entender, un médico que desvíe pacientes e use instalacións e recursos públicos para o seu negocio privado (que hai a moreas) no só debería ser cesado da sanidade pública senón que debería ir ao cárcere por roubo. E se queren ter clínica privada que teñan, a ver cantos médicos mediocres conseguirían sobrevivir no libre mercado sen o sustento do sector público. A reforma da sanidade é unha das cousas que máis falla fai.

condedecotobade #6 3/Maio/2008 condedecotobade

E perdón se me fun bastante do tópico pero mosquéame moitísimo cando os médicos tentan vender a moto do mal que está todo na súa profesión e despois nunca apoian as reivindicacións doutros traballadores (tipo pilotos de iberia)

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: