Ás 12.00h na Praza Maior de Ourense, terá lugar unha concentración en repulsa da actual política medioambiental, na que esperamos dar cabida a todos e todas os que agardamos queiran participar nun percorrido polas arterias da cidade ourensá ben sexa en bici, a pé ou estilo libre non produtor de emisións ás cales S.O.S. CLIMA quere por alternativas reais e viables.
Ás 13.00h diante da Subdelegación do Goberno (en fronte ao Parque de San Lázaro), o percorrido chegará ao seu ponto final onde terá lugar unha representación teatral onde os pingüíns exporán os seus motivos da súa estancia en Galicia e as repercusións do problema globalizador do Cambio Climático no noso país. Pola tarde, previa a marcha dos pingüíns, terán lugar distintas animacións teatrais da campaña pola Rúa do Paseo. "S.O.S. CLIMA" é unha campaña que pide ao noso goberno, que fronte ao Cambio Climático, actúe agora e non dentro de 20 anos, Amigos da Terra con esta campaña poñe todo o que está da súa man para propiciar o cambio, agora soamente queda convencer aos nosos políticos, para o que se precisa o apoio de todos e todas os galegos e as galegas.