O Consello de Goberno debe tomar a decisión agora.
A falta de unanimidade no Claustro da Universidade de Vigo, que se reuniu este mércores, impediu un pronunciamiento conxunto sobre a subida de taxas de matriculación que recolle o decreto da Xunta, polo que será o Consello de Goberno desta institución académica o que emita unha posición institucional sobre esta subida.
Despois do debate iniciado polos Comités Abertos de Facultade (CAF) e logo da proposta da Consellería de Educación pedindo suxestións sobre a fixación dos prezos para o próximo curso, o reitor da Universidade de Vigo, Alberto Gago, propuxo ao Claustro apoiar un texto no que se defende unha limitación da subida de taxas, sen que se supere o 50 por cento do crecemento anual do IPC.
A proposta do reitor incluía a definición dun novo sistema de taxas "discriminatorio por tramos de renda", para que non aumentasen os prezos ás rendas máis baixas, e que o crecemento para as rendas máis elevadas fose proporcional. Así mesmo, ofrecía a posibilidade de reforzar o sistema de bolsas e un sistema financeiro universitario baseado en orzamentos públicos.
No entanto, e a pesar de que os CAF defenderon o documento, os representantes de Nova Universidade, o grupo de oposición ao actual equipo reitoral, manifestaron as súas dúbidas sobre esta proposta, xa que "podería resultar prexudicial dependendo de como se aplique". Así as cousas, unha vez rota a unanimidade en defensa dunha limitación do prezo das taxas, será o Consello de Goberno o que se pronuncie respecto diso.
Xa se sabe o que ten o poder reak son os de sempre deixan que
no poder político estean os da clase baixa pero que non me toquen
no bolsillo.
Este grupo Nova Universidade (PP?, Novas Xeneracións) que defende os intereses dos que sempre. Porque non pide que o alunado teña aulas de relixión.