Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
5 ANOS DESPOIS DE QUE BUSH ANUNCIASE O 'ÉXITO' DA INVASIÓN

Medio cento de mortos nun novo atentado suicida en Iraq

Unha muller fixo estoupar os explosivos que levaba pegados ao corpo; minutos despois un home fixo o mesmo.

Redacción - 19:08 01/05/2008

O atentado tivo lugar nun mercado da cidade de Baladrouz a 30 quilómetros ao leste de Baquba, non lonxe de Bagdad. Despois de que unha muller fixese estourar o cinto de explosivos que levaba con ela, e cando os equipos sanitarios e particulares achegáranse ao lugar para socorrer aos feridos, un segundo terrorista suicida provocou unha segunda explosión. Están confirmados máis de trinta mortos, pero varias fontes falan xa de 50, e a cifra podería ser maior.

O ataque coincide co quinto aniversario da declaración realizada por George Bush, dende un portavións, de que a invasión de Iraq saldárase con éxito: "mission accomplished". O mes de abril que rematou onte foi o máis violento en Iraq no último ano, con mil civís mortos e 49 soldados estadounidenses falecidos.


5/5 (1 votos)


Comentarios (1)

xoca #1 1/Maio/2008 xoca

Xa se sabe, en Irak medio millar de mortos non importa. estamos afeitos a ecoitar esa notícia e xa non nos importa.
Que barbaridade que nos pase de longo e non fagamos nada. Eu tamén
Que loucura o ser humano/animal é asi.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: