Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Vertido da Adif ao Miño en Ourense

"Despois de depurar as augas, depuren responsabilidades", pide o PPdeG

Critican que o presidente da Xunta negase a chegada da contaminación ao río despois de que a Confederación Hidrográfica xa o confirmara.

Redacción - 09:00 02/05/2008

"É lamentábel que informen mellor os veciños do que o fan os gobernos español e galego", laiábanse desde o PP, acusando as dúas administracións de "encubrir as neglixencias de Fomento". Segundo a avaliación dos populares, o acontecido é dobremente grave: por non evitarse o vertido e por non frear posteriormente a súa chegada ao río Miño. Tamén critican que a ministra de Medio Ambiente, a ourensá Elena Espinosa, evitase intervir na crise.

A Confederación Hidrográfica do Miño confirmara xa o pasado martes que o fuel vertido en Ourense polos depósitos da Administradora de Infraestruturas Ferroviarias, Adif, chegara á canle do Miño. Con todo, os técnicos da CHM explicaran que este vertido chegaba en cantidades "moi diluídas" e que non causaría impacto na ribeira. Paradoxalmente, un día máis tarde, o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, afirmaba que "non chegou nada" ao Miño procedente do vertido. "Non se verteu nin un só litro de hidrocarburo ao río", teimou Touriño diante dos medios de comunicación.

Mentres, desde a Adif evitan confirmar ou desmentir ese extremo, e céntranse en prometer que realizarán un "cambio completo" das instalacións e depósitos que teñen en Ourense "para evitar que se repitan accidentes deste tipo". A empresa publica este venres publicidades a toda páxina en varios diarios do país, explicando entre outros que lle encargou á empresa EMGRISA, especialziada na xestión de residuos industriais, "a retirada do gasóleo e os residuos afectados polo vertido".


1/5 (1 votos)


Comentarios (2)

Tino #1 2/Maio/2008 Tino

O PP xa ten esgotado o Codigo Penal, acumulan sentenzas firmes en: acoso laboral e sexual, proxenetismo, recualifacións fraudulentas, tráfico de drogas, extorsión, roubo, malversación de fondos públicos e privados, falsificación de documentos... e seguen sumando.

E trankilos todos q o Psoe vaille detrás...

baltar69 #2 7/Maio/2008 baltar69

esto é un pesadelo!
crin que era cousa do pepé, daqueles aprendices de tecnócratas engominados que levaban o prestige arriba e abaixo sen saber para donde, mentras se daban coba de grandes xestores nas comparecencias amañadas por brigadas de asesores e becarios...
pero ahora é o mesmo. goberna o pesoe e o bloque e as cousas seguen pasando de idéntica guisa, mentras os responsabeis limítanse a collelo sobre a fin de mes e a escurrilo bulto no coche oficial á espera de que os chamen para un posto directivo na fenosa ou nos montepíos das caixas de aforros.
é unha administración podre, servil e haragana esta nosa. a connivencia dos poderes económicos e políticos fixérona medrar á imaxe e semellanza dos pancistas tardoburgueses do entramado caciquil e así nos vai en todo: pagámolos seus salarios e recibimos desdén e pésimos servizos de esta insólita caterva de enchufados que levou portomeñe e compañía desde as naveiras os despachos.
e o peor é que nengún partido político, nengún sindicato, nadie, parece disposto a poñer coto a esta vergoña. é xa un lobby demasiado potente, unha hidra con miles de cabezas afeitas a rapiña.
pero un día de estos o cidadán vaise cansar de pagar, vanse fartar de esta ignominia como xa o fixemos uns cantos. e cando sexamos bastantes nin lles servirá o telexornal nin a policía autónoma, non lles chegará a brigada local nin o grumir nin a cohorte de lamecús nomeados a dedo que nos carcomen as entrañas e entón, entón si se van contaminalas augas do miño. e do sil, do eo e do ulla, por que serán as canles de desagüe que usaremos para desfacernos desta basura, desta merda que nos abafa.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: