Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Comeza o debate do Estatut

O Constitucional aceptará que Cataluña é "nación"

Varios medios cita fontes próximas ao Tribunal Constitucional, asegurando que se avalará este recoñecemento.

Redacción - 12:00 02/05/2008

O Tribunal Constitucional, TC, estaría disposto a poñerlle fin á lea do Estatut no que lle toca á afirmación de Cataluña como "nación". A formulación indirecta finalmente escollida, onde se di que "O Parlament de Catalunya, recollendo o sentimento e a vontade da cidadanía de Catalunya, definiu de forma amplamente maioritaria a Catalunya como nación", pasaría así a peneira dos maxistrados.

Con todo, esa aceptación incluiría a advertencia de que tal declaración "carece de todo efecto xurídico", baseándose na falta de valor normativo do preámbulo da lei. Aínda así, a decisión contaría coa oposición da maior parte do sector conservador do TC, que votaría en contra.

Segundo explica este venres o diario La Vanguardia, o actual empate a cinco votos, coa incerteza aínda sobre o sentido do apoio do vicepresidente da institución, o xuíz Guillermo Jiménez, podería resolverse aceptando por un lado esa declaración de "nación", sen efecto xurídico, pero negando polo outro a "bilateralidade" nas relacións Cataluña-Estado en materias como a negociación do financiamento.

Así por exemplo, o Estatuto catalán estabelece a creación dunha comisión "mixta" de asuntos económicos e fiscais, con representación da Generalitat e do goberno español, co obxectivo de marcar un modelo de financiamento específico para Cataluña. O mesmo apartado menciona tamén que esa negociación "non debe implicar efectos discriminatorios para Cataluña respecto das restantes comunidades autónomas".

O ministro de Traballo dá por feita a decisión
Cualificando de "magnífica noticia" a decisión do Tribunal Constitucional, o ministro de Traballo e Inmigración, o catalán Celestino Corbacho, daba por feita esa decisión en declaracións á emisora RAC-1. "Agardo que agora non comece a discusión sobre os efectos xurídicos, porque ser ou non ser unha nación é un tema de sentimentos", opinaba ao respecto o socialista.

Para ampliar:


4,2/5 (10 votos)


Comentarios (16)

Tino #1 2/Maio/2008 Tino

Pois resulta q os cataláns senten q viven na sua nación, pero hai quen llo impede. Imos ben!

Sabrexo #2 2/Maio/2008 Sabrexo

Así que agora a existencia ou non dunha nación non depende do que decidan os seus lexítimos representantes nun parlamento, senón da vontade dun xuíz...

norberto #3 2/Maio/2008 norberto

Isto chamase darlle a razon coma os tolos :)

-Xavier #4 2/Maio/2008 -Xavier

Na realidade, o Constitucional espanhol não tem qualquer soberania, legitimidade ou autoridade sobre a identidade de Catalunha como nação, igual que o Estatuto da C.A. da Galiza diz que o idioma próprio é o Galego, mas ainda que não o recolhesse o Estatuto da C.A. da Galiza, a verdade seria essa na mesma. Se o Constitucional não reconheceu até o de agora a identidade nacional catalã é porque negava a realidade.

Wellcome to the real world.

xoan_pirillan #5 2/Maio/2008 xoan_pirillan

Sobre o que dí #4 (-Xavier) non é de todo certo, xa que o Estatuto de Galiza denomina coma LINGUA propia de Galiza é o galego e non o "idioma", que para esto xa recoñece a oficialidade de os dous idiomas.

Son pequenos detalles que tiveron moito coidado cando a redactaron para protexerse de leis coma a que existe para educación e ter agora motivos para poder recurila.

Sobre estos puntos teñen que no futuro Estatuto arranxalos para que non queden malas interprtacións.

galegasenprexuizos #6 2/Maio/2008 galegasenprexuizos

Agora o que faltaba é que decida un xuíz polo futuro dos cataláns.

BonKarallan #7 2/Maio/2008 BonKarallan

pero non poderá ter autogoberno nin ser independente.

Prefiro ser rexión e ser independente e autónoma.

outrolector #8 3/Maio/2008 outrolector

Xavier,

Bennvido ao mundo real.

El_Uali #9 3/Maio/2008 El_Uali

De que vale ser naçom sem ter direitos políticos?

Brixs #10 3/Maio/2008 Brixs

#8 E sendo regiom, cuidas que vais ser mais independente e autónoma que a Catalunha como naçom...?

Galezio #11 3/Maio/2008 Galezio

Imos lá!! Bom, certo que não serve para muitos, mas hostias, para caminhar o primeiro que temos é que "reconhecer" que os passos são imprescidíveis, não é?
http://bvg.udc.es/ficha_autor...

Galezio #12 3/Maio/2008 Galezio

Mas o grave é que parece que têm que ser os juizes os que decidam? Pois "apanhados" estamos, com o "fachas" e corpotavistas que eles são!
http://bvg.udc.es/ficha_autor...

Dogma #13 3/Maio/2008 Dogma

ISTA NOTICIA É UNHA TONTERIA, ¿A CASO SE O CONSTITUCIONAL DI QUE NON, VAI A ACABAR CO QUE É A REALIDADE?....

CATALUÑA É NAZON, E PORQUE NON PORQUE O DIGA UN PAPEL OU O CONSTITUCIONAL.

ecoe #14 4/Maio/2008 ecoe

GZ, Portugal, EuskalHerria e Catalunya, cando menos, son NACIÓN, quéirao €$paña, a "Prostitución", o Bourbon OU NON!

dumiense #15 4/Maio/2008 dumiense

Non podo crer o que estou a ler.

Para todos os comenterios anteriores:

O TC non está a decidir se CATALUNYA é nación ou non o é, soamente se decide se é constitucional ou non. O TC non decide o que son os cataláns, soamente di se é necesario reformar a constitución ou non. Parece evidente que hai que reformar a constitución. O término nación para CATALUNYA é claramente anti-constitucional. E este é a nosa gran desgraza, a constitución foi feita para que as nacionalidades históricas non poidan decidir o seu futuro. Pensade que unha reforma pasaría polo voto positivo de PSOE+PP ou o que é o mesmo, nunca na vida poderán ser recoñecizas como nación. Outra cousa é que os xuices anden bailando para esquivar a lei... parece ser que o preámbulo non conta, entón pódese dicir que é nación. Unha carallada para que calen os cataláns...

spider #16 5/Maio/2008 spider

Frijolito dixera unha vez, que eu o lin, que se o constitucional aceptaba o termo nación, el non tiña inconveniente en incorporalo ó novo estatuto de Galicia. Por suposto minte, pero ben, eu gusto de ver como caen tan flagrantemente nas mentiras... A ver se o leva Rajoi (Pronúnciase Raxoi pois a j pertence á grafía histórica do galego (polo mesmo frijolito debe ser pronunciado Feixoo) para Madrid... E quedará Rueda... A ver se o levan para Madrid e quedará... Orozco... a ver se o levan para Madrid, e quedará... Uf sonche moitos.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: