ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
VERTIDO NO MIÑO

A impunidade das empresas públicas nos delitos ambientais

Luís Díaz Cabanela, médico, máster en toxicoloxía e vogal de Adega, analiza nun artigo as consecuencias do vertido de gasóleo do Adif en Ourense.

Luís Díaz Cabanela - 13:00 02/05/2008

Artigo íntegro:

Unha vez máis vemos como as empresas públicas e as Administracións son as responsables de delitos medioambientais que quedan impunes. A desidia dos directivos de ADIF permite que unhas instalacións obsoletas provoquen desde hai anos verquidos intermitentes de gasoil á rede de sumidoiros de Ourense.

Unha avaría provocou un verquido masivo que destapou as condicións calamitosas deses talleres. Din que “quen contamina paga”. Se ADIF é condenada, pagaremos todos cos nosos impostos. Os directivos seguirán sentados no seu despacho en Madrid cobrando as súas suculentas nóminas. A rede de sumidoiros levou o gasoil a unha depuradora declarada ilegal polo Tribunal Superior de Galiza, por non gardar a distancia de 2000 m recollida no Regulamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas e Perigosas. É unha lei antiga, pero plenamente vixente. Foi creada para protexer a saúde e calidade de vida da xente.

Os veciños de Reza coñecen moi ben o que é unha actividade molesta e insalubre. Levan moito tempo soportando malos cheiros e os mosquitos. Agora teñen que soportar tamén Compostos Orgánicos Volátiles. Non desprazaron nin unha das Unidades Móbiles de Control do Ar que ten Medio Ambiente. O cheiro a gasóleo é claramente perceptible no paseo fluvial. Aplicando o principio de precaución e mentres non teñamos datos dos niveis de contaminación, o axeitado sería recomendar aos individuos sensibles (nenos, anciáns, persoas con problemas respiratorios e cardíacos) que non paseen polas proximidades da depuradora, e se viven alí que permanezcan dentro das súas casas coas ventás pechadas. Estas recomendacións son habituais en países como os EUA e ninguén se asusta, nin pensa que se está a crear alarma na poboación. Simplemente, séntense protexidos pola súa Administración. Xusto o contrario do que aquí pasa.


5/5 (9 votos)


Comentarios (3)

ecoe #1 4/Maio/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E non só son autoimpunes, senón que amparan outras de "interese estratéxico" (?)!

baltar69 #2 6/Maio/2008 baltar69
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

o final o cidadán paga o gasoil que se estragou, os depósitos que farán novos, as canalizacións e os soldos de toda esta gleba miserable que cobra por facer as cousas mal e por fallar día sí e día tamén e que soio serve para sair na foto.
aquí e nadie é responsable, nadie vai a engrosalas listas do paro: nin os responsabeis de medio ambiente do concello nin os subditos do conselleiro vázquez nin moito menos o operario que deu por boa a evaporación de vintecinco mil euros de combustible nin o que ordenou volver cargar outro tanto con destino as sufridas augas do pai miño. para cando os políticos e os funcionarios respoderán da súa demañada actutude có séu propio patrimonio? qué pasa?
socializámolo gasto entre os contribuíntes pero as ganancias quedan na man duns cantos. con esta administración voraz ( concellos, deputacións, xunta, madrí, bruselas ) é mellor meterse no monte e tratar directamente co lobo.

Treixadura #3 6/Maio/2008 Treixadura
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Así traballa de ben o señor Pachi-Chachi, o que nos quere calzar no Ribeiro unha macrocentral de tratamento do lixo de todo o sur galego, decindo que todo vai estar muy controladiño. ¿ Tanto coma a depuradora da reza e as industrias que non cumplen e respetan o noso medio?. Galicia sitio distinto , e con conselleiros coma este seromos sempre noticia en sucesos e desfeitas.
http://www.espacioblog.com/avi...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: