Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A entrega oficial será o 16 de maio

Vidal Beneyto é o gañador do IV Premio Xosé Couso de Liberdade de Prensa

O sociólogo valenciano era candidato xunto co fotógrafo Gervasio Sánchez e os xornalistas Fran Sevilla e Soledad Gallego-Díaz.

Redacción - 12:45 03/05/2008
O galardón, Ás Ceibes, realizado por Manuel Patinha

O galardón, Ás Ceibes, realizado por Manuel Patinha


José Vidal-Beneyto, nado na localidade valenciana de Carcaixent en 1929, é catedrático de Socioloxía da Universidade Complutense de Madrid. Entre outros cargos, é tamén director do Colexio de Altos Estudos Europeos Miguel Servet de París, secretario xeral da Axencia Europea para a Cultura da UNESCO, membro da Academia Europea das Artes, as Ciencias e as Letras e presidente da Asociación de Usuarios da Comunicación de España.

O seu traballo académico e intelectual está relacionado coa comunicación, a cultura, a globalización e o desenvolvemento comunitario europeo. Colabora habitualmente en El País, Europa Zeitung e Le Monde-Diplomatique.

O fallo deuse a coñecer na mañá deste sábado 3 de maio, na Galería Sargadelos de Ferrol. A entrega oficial do galardón será o próximo 16 de maio, nun acto ao que asistirá o premiado. Ese mesmo día, vaise inaugurar a Praza da Paz Paz José Couso, no barrio de Esteiro de Ferrol.

Durante a conferencia de prensa coa que se deu a coñecer o gañador desta cuarta edición, o decano en funcións do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, Xosé Manuel Vega, aproveitou a data deste 3 de maio, Día da Liberdade de Expresión, para reunir nunha soa acepción a liberdade de prensa e a liberdade de expresión, e reflexionar que "para un xornalista só pode ser entendida como unha sucesión de deberes: o deber de saber o que pasa, o deber de contalo e o deber de chamarlles ás cousas polo seu nome". Vega tamén alentou ós xornalistas a expresarse "libre e honestamente, conscientes do diminuta que é a nosa forza, pero conscientes tamén de que, cando quedamos calados ou adormecidos, o que empurra en sentido contrario non descansa e, sen que nos decatemos, estanos facendo recuar no camiño da liberdade que dicimos defender".

Máis información no portal do Colexio de Xornalistas de Galicia e na web do Premio Xosé Couso.


4,14/5 (7 votos)


Comentarios (4)

Carlinhos #1 4/Maio/2008 Carlinhos

"O que empurra en sentido contrario non descansa e, sen que nos decatemos, estanos facendo recuar no camiño da liberdade que dicimos defender"
Está a referir-se à Audiéncia Nacional, ao Estado Monárquico-OTANista e à depredaçom selvage do Capital?
Nom, confirmado, "Il participe à la fondation du quotidien El Pais, dans lequel il écrit." (Wikipédia)
"O deber de contalo e o deber de chamarlles ás cousas polo seu nome..!"

Carlinhos #2 4/Maio/2008 Carlinhos

([Beneyto] participe à la fondation du quotidien El Pais, dans lequel il écrit.)
M. Vega a Vieiros: "A ver, explico iso de "terrorismo informativo" (unha expresión que comprendo que se pode utilizar demagoxicamente contra min): eu creo que se están a subvertir os principios polos que se debe rexer a información, porque están a adoptar unha posición belixerante non contra os terroristas senón contra todo un sector da poboación vasca. Pero conste que outro tipo de terrorismo é inadmisible nunha sociedade democrática e quen o practica non pode ser máis que un malnacido que debía estar na cadea coa máxima condena posible."
Espero que o Pereiro continue a ter menos papas na língua e que o cargo nom o mude.
Agradecido a Vieiros por ocultar a image corporativa de CAIXANOVA do cartaz do IV Prémio José Couso, ASSASSINADO pola OTAN, da que o E. Espanhol é fiel vassalo.

ecoe #3 5/Maio/2008 ecoe

Se hai profisións que actualmente non quixera nin de lonxe pertencer a elas, unha descaradamente prioritaria é o Xornalismo, mas non a única.

Tampouco xuíz ou fiscal, de ningunha maneira, como tampouco policía "convencido" nin tampouco militar.

O profesorado pódese ir salvando individualmente, pois poden reaxir ante algunhas das falsidades máis notorias e esperpénticas.

Que TRINTA ANOS DESPOIS veñamos con estes desexos e desideratums CHOVENDO O QUE CHOVE E O QUE CHOVEU, ben indica que a RE-XENERACIÓN DEMOCRÁTICA (eiquí tan só xeneración, pois para rexenerar hai que primeiro xenerar, i elo nunca ocorreu mais que no caletre de xentes duras de testa) non vai vir xamais vía empresas xornalísticas!

ecoe #4 5/Maio/2008 ecoe

Disimulen. Referíame ós manifestos dos Xornalistas (ligazón)

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: