A iniciativa do BNG para que o goberno español inclúa no Índice de Prezos do Consumo o custo da vivenda, volve poñer de actualidade as eivas deste cálculo.
Actualmente, o indicador que serve para as revisións salariais anuais, o IPC, non ten en conta o prezo de adquisición da vivenda. Malia que acceder a un fogar é cada vez un maior problema para as familias, esta variábel non se contempla como un produto de primeira necesidade.
O voceiro de Economía do BNG no Parlamento, Carlos Aymerich, presentou esta semana unha proposición non de lei para que o Goberno lle demande ao executivo español que teña en conta esta importante cuestión. O deputado nacionalista lembra que en moitos fogares é preciso até o 40% dos ingresos totais para facer fronte ás hipotecas. Mais Aymerich subliña tamén que o IPC actual "non ten suficientemente en conta o prezo de produtos básicos como a enerxía, a alimentación ou o transporte".
Un sistema que "penaliza os salarios máis baixos"
Hai xa catro anos, e nunha ponencia presentada nunha conferencia organizada pola Área de Economía do Seminario de Estudos Galegos, da que poden ler un resumo en Vieiros, o catedrático de Economía Aplicada da USC Xavier Vence xa advertía do problema co IPC.
Segundo Vence, o sistema de cálculo oficial "contribúe á perda do poder adquisitivo dos salarios". Na súa análise advirte por exemplo de que o feito de que non se contabilice o gasto en compra de vivenda e que o maior aumento dos prezos se dera naqueles produtos máis básicos da cesta da compra "favorece as desigualdades sociais e a perda do poder adquisitivo precisamente nas familias con menores ingresos".
Un cálculo alternativo que "duplica" o IPC real
Poñendo de manifesto os déficits do sistema actual de cálculo, naceu na rede o espazo web IPC Real, onde se elabora periodicamente un índice de prezos ao consumo alternativo ao IPC oficial.
Os autores desta web propoñen un cálculo baseado nos "gastos ineludíbeis nunha familia modesta", fundamentalmente alimentación, recibos de gas, auga ou luz e gasolina, e suprimen por exemplo xoiería, accesorios de xardín ou mesmo cirurxía estética, factores que paradoxalmente si son considerados no cálculo do IPC oficial.
Seguindo ese sistema, no mesmo período en que o INE determinou que os prezos a nivel estatal causaron no mes de marzo unha inflación do 4,6% interanual, este rexistro apunta un "IPC real alternativo interanual do 8,34%".
Estes do BNG non sei de q se keixan: no IPC xa se incluen os custos das operacións estéticas, tan estendidas nos partidos nos q proliferan as loiras de bote e super-guais de la muerte.
Iso de meter a vivenda no IPC é unha trapallada, quen compra vivenda aki? Os especuladores, pq a xente nova ten q seguir vivindo cos pais ou nos pisos dos familiares.
É tan evidente a fraude do cálculo do IPC que alarma que desde as asociacións de consumidores e outras instancias cidadás non se faga máis presión para mudalo.
A entrada do euro en 2002 foi un timo en toda regra que aproveitaron os sectores empresariais para lucrarse. O ascenso dos prezos dos produtos básicos nestes seis anos foi tan brutal que coido que ultrapasa con moito ese 8,34 alternativo.
Até onde pode chegar con esta situación? Boa parte da crise actual vese amplificada por este aumento especulativo dos prezos e, de seguirmos por este camiño, o batacazo será histórico.
Os gobernos poderían poñer máis orde da que din, pero as forzas económicas os controlan até tal punto que en realidade semellan elixidos polos consellos de administración das transnacionais e non pola cidadanía. Que medo me dan!!!!
O furado real nos NOSSOS petos, muitos máis fundos para as SÚAS contas bancárias.
O custo da vivenda está incluído no cálculo do IPC na Galiza?.
Tivo o BNG algunha iniciativa en tal liña no Parlamento Galego?.
Iniciativas no parlamento?....Xabi1, es um radikal!!!
Não viste a que se armou por umas normas de habitabilidade de merda?
Incomodar ao "socio" Tourinho? Queres que ilegalizem ao BNG?. Há que lembrar que quando era professor de económicas na UDC era mais neoliberal que o FMI. Rodrigo Rato ao seu lado era todo um bolchevique.
Ou pior, Xabi1, es um rojotrasnochado. Agora leva-se o neoliberalismo com complementos de neoburguesia-regional-gallega-elitista-bloqueira, que combina megaguai com as políticas económicas "socio-listos" do PSOE. Se o podes comprar em Inditex, melhor.
A "rexión" o que necessita é Amancios Ortega, Tojeiros, Joves, e demais gente de bem, que tanto fazem por nós, com grandes políticos que os agasalhem com muitos milhões de dinheiro público para que não ganhem menos do que estão a ganhar.
O "País" o que necessita é de políticos de esquerdas, realmente de esquerdas e sem complexos.