Viraxe significativa na aposta do empresariado do país, cun aumento do 10,3% de empresas con actividades innovadoras.
Os datos saen da "Enquisa sobre innovación tecnolóxica nas empresas 2006", publicada polo Instituto Nacional de Estatística, onde Galiza remata o ano 2006 cun incremento do 10,3% en canto ao número de empresas con actividades innovadoras, chegando a un total de 1.545. No mesmo período, o aumento no conxunto do Estado foi dun 5,7%, completando unha suma de 31.460.
Na mesma enquisa, Galiza aparece rexistrada no sexto lugar en canto a número total de compañías con accións de innovación. A lista ten á cabeza a Cataluña (con 6.867), seguida de Madrid (4.879). A continuación están Andalucía (3.967), Comunidade Valenciana (3.819), Euskadi (2.544), Galiza (1.545), Aragón (1.138), Castela e León (1.110) e Castela-A Mancha (1.073).
Por debaixo están Murcia (984 firmas con accións de innovación), Navarra (700), Canarias (671), Baleares (516), Asturias (515), Cantabria (381), Estremadura (366) e La Rioja (348).
Tecnologia e inovaçom foi o que lhes fixo falta às empresas para que "cobremos menos que hai dez anos, sendo dez anos máis velhos e máis listos" X. M. Pereiro (magistralmente) dixit.
Que non vendan moto ningunha: na GZ as axudas ás €mpre$a$ (ó Capital, xa que logo), NON levan CONDICIÓN NINGUNHA, emporiso serven para CAPITALIZAR as empresas, para sumar ás ganancias.
Non ligan ningún obxectivo mínimo, criación de postos de líneas de investigación, etc.
Mentres aquí, COS CARTOS DE QUENES MENOS TEMOS, se lles regalan para sumar ó capital de cada empresa subsidiada, noutros lugares, poñamos Catalunya, p.e., algunhas industrias véndenlle algúns compoñentes determinados a MULTINACIONAIS!!
Viviremos do aire, e ademáis subsidiados? Ónde queda o Eire Irlanda? Noutra galaxia?