Malia o acordo de goberno cos nacionalistas, os socialistas de Poio rexeitaron apoiar a mobilización a prol da lingua e votaron co PP por vez primeira.
"Eu sen falar galego fixen máis polo folclore de Galiza que todos vostedes xuntos". Tal frase, pronunciada en español, foi utilizada polo voceiro municipal do PP, Xavier Domínguez, durante o polémico pleno onde saíu rexeitada a proposta sobre o manifesto d'AMesa pola Normalización Lingüística.
Os populares usaron expresións como "rancor", "nova forma de fascismo" ou "ninguneo" aos castelán-falantes, para xustificar a súa oposición a que o Concello de Poio se adherise oficialmente ao manifesto "Polo dereito a vivirmos en galego". A cuestión chegara ao pleno a través dunha moción do BNG, que ostenta a alcaldía, con Luciano Sobral á fronte, e que goberna en coalición co PSdeG-PSOE, despois duns comicios municipais que en 2007 ofreceron un reparto respectivo de 7, 7 e 3 edís para BNG, PP e PSOE.
En declaracións a Vieiros, a concelleira de Cultura, Silvia Díaz (BNG), criticou a intransixencia do PP ao respecto do tema lingüistico, laiándose de que non se poidan unir ao consenso en favor do galego. Ademais, expresou a súa estrañeza pola negativa dos socialistas a apoiaren o manifesto en favor da lingua, recordando ademais que se trata da primeira ocasión desde que se asinou o pacto de goberno en que PP e PSOE votan xuntos. A concelleira recordou tamén que previamente, o grupo local do PSOE amosara a súa disposición a aceptar a proposta, malia votaren despois en contra. Preguntado ao respecto, o concelleiro de Medio Ambiente, o socialista Gregorio Luís Agís, xustificou o voto negativo argumentando que non lles parecía aceptábel o texto do manifestado redactado pola Mesa. Por outro lado, Agís opina que durante o debate no pleno "PP e BNG tiveron argumentos moi semellantes pero en cada estremo, mentres o PSOE se mantivo nunha postura intermedia". "O PSOE defende o galego, pero non cando se convida á confrontación nin se pretende impoñelo ás persoas", afirmou criticando o texto elaborado pola Mesa.
Normal, o PSOE defende o galego, mais non cando está en perigo. O triste é que a actuación deste grupo municipal en Poio é a postura REAL da sucursal do PSOE en Galiza.
Normal q o PPSOE non apoie manifestos de radikais, pois isto non é Euskadi !!!!!!
"Eu sen falar galego fixen máis polo folclore de Galiza que todos vostedes xuntos". Tal frase, pronunciada en español, foi utilizada polo voceiro municipal do PP.
ESA E A MENTALIDADE QUE TEÑEN. QUEREN RELEGAR A NOSA LINGUA UNICAMENTE O FOLCLORE E A FAMILIA, COMO NO FRANQUISMO.
Estes na TVG saen definindose coma "galeguistas", homenaxean a Castelao e Rosalia no dia das letras galegas, e despois votan contra o galego nos concellos, na UE e apoian asociacions antigalgo como Falacia Pilingui.
É o país que temos. Ollade os comentarios nesta noticia de La Opinión:
http://www.laopinioncoruna.es/...
Ou nesta...
http://www.elcorreogallego...
Pois o manifesto é "Polo dereito de vivirmos en galego"... non fala para nada contra outra lingua... que problema hai entón... ahh claro.... se fose "Por el derecho a vivir en castellano (perdón) español" non había problema.
non podo evitalo... pero logo de pensalo duas veces tan so me queda decirlles a istos "galleguitos"que sodes uns "sinverguenzas" seguro que moita xente coma eu sentimos vergonza axena por comentarios como ise fulano o pp e do psoe.
nom ho, o que passa é que nom se pode reinvicar cousas que nom estém "numha postura intermedia" entendedes?
Se o nacionalismo espanhol de dereitas propóm que os galegos somos umha regióm, a postura intermeia é dizer que somos umha Comunidade Autónoma e Regióm Europea.
Se a dereita dí que o espanhols está perseguido, a postura intermedia é dizer que nom hai conflito lingüístico.
Se a especulaçom salvagem quere cementar todo o país ponhendo aos promotores de alcaldes, a possiçóm intermeia é enfrontar-se ás normas do hábitat ...
Se ENCE-ELNOSA querem seguir rindo-se de todos contaminando e afectando á saúde pública, a soluçóm é a intermeia: prorrogar tres anos máis o permisso, a ver se vai colando e tragamos ...
A possiçóm intermeia: obedecer aos que mandam e quando mexam por nós dizer que chove.
Na sucursal galega fam méritos para poder aspirar a ser algo em Madrid: possiçóm intermeia, sem princípios, sem objectivos colectivos, sem amor próprio máis que interesse de trepar,sem escrúpulos, sem-vergonha !
E que fez esse caralho pelo folclore galego? Alguém sabe?
Tamén na Deputación de Ourense, pp e psoe votaron xuntos en contra da proposta do bng, apoiando a defensa a vivirmos en galego.
seica que se refire as súas penosas actuacións como árbitro de balonmán.