Galiciaprofunda.com pide a participación dos internautas para elixir o maior inimigo do galego: Franco, os Reis Católicos, a RAG, Touriño, Galicia Bilingüe...?
Cada 17 de maio dende hai 45 anos escóllese unha persoa que traballou a eito polo galego a través da súa produción literaria ou do seu traballo noutros eidos. O blog galiciaprofunda.com propón darlle a volta a iso, e a imitación dos tradicionais premios limón quere sinalar as persoas e entidades que máis dano lle provocaron á lingua.
Dende o "rexeitamento ante actitudes pouco tolerantes, ante manifestacións e declaracións que o único que provocan é que o galego continúe agonizando, carente de prestixio e de pulos que garantan a súa recuperación", os anónimos autores do blog chaman á participación dos internautas para que elixan en tres categorías (boina de ouro, sacho de ouro e fouciño de ouro) "os colectivos ou persoas que tiran para atrás o esforzo e a labor de moitas persoas a prol do galego".
Proponse unha serie de candidatos por categoría, aínda que cada persoa pode propoñer os nomes que desexe. Así, os Reis Católicos e Franco optan á Boina de Ouro ao personaxe histórico que máis perseguiu o galego; Rajoy, Touriño e a Real Academia Galega poderían levar o Sacho de Ouro a quen peor dano lle fixo ao galego nas dúas últimas décadas. Finalmente, o Fouciño de Ouro "ao suceso máis negativo do último ano" podería caer en Galicia Bilingüe, no xefe de sección do Carrefour da Coruña ("Burra, no hables lenguas menores"), ou nos avogados da Cope no recente xuízo polo despido de Isabel Quintairos.
Os gañadores coñeceranse o 15 de maio, Día dos Premios Antilingua Galega.
Unha grande iniciativa. Parabéns.
o caso da rag é ben sintomático. que unha organización con ese nome ( refírome o que ocultan os acrónimos a e g, o da r é máis ben anecdótico e coiuntural ) e con ese peso figure entre os máximos candidatos ó sacho de ouro é coma para botar as mans a cabeza. pero o problema non é xa que se trate dun candidato máis ou menos oportuno; o problema é que, si a terna é limpa, ninguén xunta máis razóns de peso para alzala petola que as huestes de xosé ramón barreiro.
De todas as maneiras... Que obsessão por procurar o negativo... É contaminação da "política" informativa levada adiante por LVG e por outros média: Não denunciam suficientemente os governos e põem de manifesto tudo o negativo da sociedade galega ... e portuguesa ...
A verdade que nominala RAG pareceme un pouco déspota hacia nosa lingua, eu creo que a RAG mantivose sempre fora do xogo político sobre a lingua e sempre traballou moitsimo polo galego, que pasa..que non se ve nos medios?? agora influencianos os medios???
as veces os que traballan na sombra son os que máis traballan..
pero en fin, eu creo que cada un ten o que se merece, e averdade que Galiza non se merece o que está a pasar ca lingua.
morotxo #4 disse: "eu creo que a RAG mantivose sempre fora do xogo político sobre a lingua e sempre traballou moitsimo polo galego".
morotxo #4:
Eis uma pequena mostra da história da RAG:
http://www.udc.es/dep/lx/cac/v...