Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O GOBERNO CONFIRMA 4.000 VÍTIMAS

O número de mortes no ciclón de Birmania podería chegar ás 10.000

O paso do Nargis polo país asiático deixou centos de miles de persoas sen fogar nin alimentos.

Redacción - 19:45 05/05/2008

Segundo o goberno birmano, xa son practicamente 4.000 as persoas mortas, 41 feridas e preto de 3.000 desaparecidas despois do paso do ciclón Nargis polo país do sueste asiático. Porén, oficiais das Nacións Unidas temen que o número poida aumentar até as 10.000 vítimas. As mortes poderían supoñer o peor desastre natural dende o tsunami de decembro de 2004, en que morreran 181.000 persoas.

Hai que sumar, ademais, os centos de miles de persoas que quedaron sen fogar e con dificultades para acceder a auga e a comida dende o paso do ciclón, o sábado, polo delta do Irrawaddy e pola capital de Birmania, Rangún. Se se confirman as 10.000 mortes, supoñería un importante incremento fronte ás primeiras estimacións oficiais, que o domingo foran de 351 vítimas mortais.

Máis de 350 mortos en Birmania polo paso dun ciclón


3.33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: