A ministra de Administracións Públicas só concretou a cesión inmediata do Parque das Illas Atlánticas e dun hospital militar en Ferrol.
O traspaso competencia máis importante de todas as que están en xogo, a de Tráfico, semella que vai ir pola vía máis lenta. A pesar de que a demanda conta co apoio de todas as forzas parlamentarias galegas, a ministra de Administracións Públicas, Elena Salgado, deixou moi claro que non quere apurar o traspaso e incluso deixou caer que as negociacións non van ser sinxelas. Salgado pretende que o trámite vaia pasando todas as fochancas burocráticas. A ministra non quixo poñer unha data para unha transferencia que é fundamental para o despregamento da futura Policía Galega. O propio presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, mostrouse conforme con priorizar as nove competencias xa acordadas e non meter Tráfico no mesmo paquete.
Elena Salgado entrevistouse este martes co presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño; co vicepresidente, Anxo Quintana; co conselleiro de Presidencia, Xosé Luis Méndez Romeu; e co delegado do goberno español en Galiza, Manuel Ameijeiras. Na xuntanza, decidiuse que no mes de xuño se traspasen dúas competencias: a xestión do Parque das Illas Atlánticas e o Hospital de Básico de Defensa en Ferrol. Estes dous traspasos formaban parte da negociación que tivo Quintana co presidente español, José Luis Rodríguez Zapatero.
As outras setes competencias que tamén negociou Vicepresidencia a finais do ano pasado (arquivos, bibliotecas e museos ou títulos non universitarios, entre outras) aínda terán que agardar. Porén, a ministra considera que todos os traspasos serán realidade antes de que remate o vindeiro outono.
pois eu, personalmente e desculpen a miña ignoracia nestes temas administrativos, non remato de topar a importancia de esta transferencia. será que todo o que teña que ver con tráfico cheírame tan mal, sábeme tanto a apetitosa multa para a solaz existencia dunha clase funcionarial ca que estou en absoluto desacordo, que para nada a vexo como vertebradora do país.
algo así como o cacarexado ave ou tav, que xa me dirá algún avezado si o custe de esa infraestructura é cabal tendo en conta as numerosas eivas estructurais de galicia.
en fin, non me cabe a menor duda de que vamos á deriva e que algúns nos que confiábamos prefiren confirmarse coma un fin en si mesmos que conformarse con ser un medio para acadar aquel outro fin.
En difícil situación deixa o Psoe ao PsdG se dendeo o goberno solicitan unha competencia que lle negan dende Madrid, a ver como venden o discurso de que non dependen de Madrid, capacidade de decisión, etc...esas cousas que alegan cada vez que acusan a Touriño e compañía de non ser máis que monicreques de Ferraz
Algo perigoso, contradecir un parlamento e impoñerlle unha decisión dende Madrid é algo moi grave, que poide deixar ó PSOE moi mal visto por aqui.
Touri e da quinta do Zapatero? Inténtano afundir? As veces os sociatas sonche máis incoherentes cós pepeiros (carallo, que xa é dicir). O que precisa Galicia son GNR, gardinhas prestos e dispostos: claro isto significaría independencia e república... que ilu!
A palavro do PSOE é frágil,leva-o o vento... O Bloco(BNG) tem que o saber!!Quando chamar à nossa porta saberemos esperar?
http://bvg.udc...
Ao Sr Torito hai que mudarlle o nome do cargo institucional. En lugar de Presidente da Xunta, Subdelegado do Goberno de Madrid ¡ Si! bwana.
Esto é todo unha pura brincadeira. Para comezar chamanlle traspaso de competencias a calquera cousa. Traspaso dun parque e dun hospital, duas novas competencias. E se lle engadimos o traspaso do kiosko da alameda xa son tres. Xógase mais a marketing que a politica con maiusculas. Traspaso de COMPETENCIAS chamolle eu a cousas como a creación dunha axencia tributaria propia como propuña hoxe mesmo alguen relevante do PP,por exemplo. Mais que andar a discutir que tal ou que cal competencia se transfire sería definir dunha puñeteira vez cal é o modelo de estado a establecer, federal ou confederal, e a partires de ahi o das competencias xa cae de caixon sen ter que andar a debater unha por unha, que se hoxe "parques y alamedas" e mañán "ferias y mercados".
Por suposto o PSOE non está pola labor de facelo nin en serio nin en broma. E o Sr Torito a ler o guión que lle mandan na víspera desde Madrid.
Por suposto Quintanilla cada vez que lle ceden unha de "parques y jardines" medra unha cuarta. Hai individuos en política mais simples que o mecanismo dun abridor de botellas.
¡Con quen casei eu a miña filla!¡Miudos netos me van dar!
Nom deixa de serem outra patética posta en esceia do autonomismo-unionista. Mentres nom tenhamos na Galiza os núcleos de decissom para com o tecido productivo nom acadaremos rem. Seguiremos a ser um asunto colonial de baixa intensidade. Mas, olho, a conflictividade social vai em aumento. Aviso a navegantes...
Resumindo moito:
PSOE=Falsos e sectarios
PSdG=Sucursal dos idem
A esta Menestra GALEGA, orgullosa de selo só cando ven pedir os votos, tamén se lle farán honras de estado desde a Xunta? como ao sr Calvo Sotelo?
Quen fan os políticos galegos x Galiza? Vir de vacacións e de lupandas, e din q levan a Galiza no corazón, mentres enchen os petos e poñen trabas á mellora social e económica de Galiza.