Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NA ARXENTINA

Acusan un estadounidense de contrabando de meteoritos

As autoridades do estado de Entre Ríos descubriron os feitos porque Michael Farmer o contou na súa web.

Redacción - 14:30 06/05/2008
Así se amosou na televisión arxentina a caída do meteorito

Así se amosou na televisión arxentina a caída do meteorito

As autoridades da provincia arxentina de Entre Ríos denunciaron un coleccionista estadounidense, Michael Farmer, por presunto contrabando de meteoritos. Segundo fontes oficiais, o 'cazameteoritos' levou até os Estados Unidos 6 quilos dun corpo caído o 6 de abril no territorio arxentino.

O Museo de Ciencias Naturais e Antropolóxicas do distrito presentou a denuncia perante a delegación arxentina da Interpol e na dirección de aduanas. A proba do delito foi, segundo explicou á axencia Télam o presidente da Asociación Entrerriana de Astronomía, Luis Trumper, a web do propio Farmer, "comerciante, traficante e coleccionista estadounidense" que relatou a súa expedición na rede.

Trumper recoñece que tamén houbo traficantes arxentinos e doutros países que levaron parte do meteorito, que é "patrimonio da nación arxentina".


5/5 (2 votos)

Comentarios (2)

Barcelos #1 hai 5 dias Barcelos

Eu coido que esta noticia é a máis importante e as demais, sobre todo a de Birmania, deberían ir en segundo plano.

¡Miúdo nivel!

Bush é o número un lanzando meteoritos a outros países.

Por certo, eu tróuxenme unha pedra do Teide, pero non fai falta que salga na prensa.

Xallundes #2 hai 2 dias Xallundes

Falar do espolio das riquezas dalgúns paises entendo que é importante. Tendo en conta ademais, que un gramo de meteorito vale, ben máis que un gramo de ouro.
Loxicamente o estadounidense non foi á outra punta do continente sen o interese económico claro.

http://www.20minutos.es/notici...

Calculando, 6 quilos de meteorito = 390 quilos en ouro

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: